Slag in de Rondte
Tipo | evento deportivo |
---|---|
Deporte | vela |
Localización e Datas | |
Localización | Mar de Wadden 53°32′N 6°53′L / 53.53, 6.88 |
País | Países Baixos |
Slag in de Rondte é un maratón de vela de cinco días de duración [1] que se celebra anualmente nos Países Baixos desde 1995 nas augas do mar de Wadden, organizado pola Fundación Wantij e na que participan navíos tradicionais, aak, tjalk e clíper.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A competición ten lugar na primeira semana de novembro, e comeza e remata na cidade frisoa de Harns, os competidores poden gañar puntos nos seguintes portos: De Cocksdorp (na illa de Texel), Vlieland, Skylge, Ameland, Skiermûntseach e Noordpolderzijl, segundo canto máis difícil sexa chegar desde Harns máis puntos recibe o navío. A distancia total a percorrer é de aproximadamente 160 millas náuticas, os participantes intentan conseguir o maior número de puntos no menor tempo posible utilizando o vento e as mareas, como a competición acontece no outono as condicións climáticas poden ser difíciles, con fortes choivas, frío e vento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Para a edición de 2011 está previsto que sexan sete días segundo anuncia a páxina web da organización
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en neerlandés)