Smart Eye
Smart Eye AB | |
---|---|
Fundación | 1999 |
Matriz | Gotemburgo, Suecia |
Localización | Första Långgatan 28B, 413 27 Gotemburgo,Suecia |
Fundador | Martin Krantz (CEO) |
Industria | Automoción |
Produtos | Cámaras Time of Flight e Produción de Software |
Beneficio | 50 millóns de € [1] |
Número de empregados | 73 |
Na rede | |
http://www.smarteye.se/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Smart Eye é unha empresa sueca do sector da automoción, como un provedor de sensores para o interior da cabina.
A compañía
[editar | editar a fonte]Smart Eye está especializada en tecnoloxías para o seguimento e a identificación do ollo humano. As aplicacións da súa tecnoloxía poden reverter no sector da aviación e especialmente no da automoción. Pola integración de sensores pasivos ou de cámaras time of flight o condutor pode ser identificado e monitorizado na procura da prevención de accidentes. Do mesmo xeito, este servizo axustaría a presentación da información ao condutor e comunicaría ao sistema o seu estado de atención no concepto proposto da condución autónoma.
Recentemente, Smart Eye pasou a traballar no sector aeroespacial en colaboración coa NASA para a instalación das súas cámaras en simuladores: planéase instalar unha escolla de cinco cámaras miniaturizadas en cabina nos simuladores de voo, co obxectivo de analizar do estado e o comportamento do piloto durante o seu adestramento.[2]