Saltar ao contido

Smoothie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Smoothie

Smoothie
Outros nomes smoothee
smoothy
Tipo Bebida
Orixe Brasil
Estados Unidos de América Estados Unidos
Ingredientes
Orixe animal Leite
iogur
Orixe vexetal Froita
Condimentos Xeado

O smoothie[Cómpre referencia] (tamén chamado smoothee ou smoothy) é unha bebida feita de froita crúa e/ou vexetais, engadindo despois auga ou xeo, e azucre.

As tendas de comida saudábel da Costa Oeste dos Estados Unidos comezaron a vender smoothies nos anos 1930, grazas á invención da licuadora eléctrica, baseados en receitas orixinarias do Brasil. Xa a mediados dos anos trinta, comezaban a comercializarse industrialmente.

A finais dos anos sesenta os smoothies eran amplamente vendidos a través dos Estados Unidos por vendedores de xeado, así como en tendas de comidas saudábeis. Eran principalmente feitos de froita, zume de froita, e xeo, aínda que a principios dos anos setenta ás veces se engadía leite para crear o smoothie.

En 1973 Steve Kuhnau fundou Smoothie King, chegando a ter locais na actualidade nos Estados Unidos de América, Corea do Sur, Singapur e nas Illas Caimán.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Acostuma ter unha consistencia algo densa, e a súa consistencia é semellante á dun batido pero máis espeso. Diferénciase principalmente do resto de produtos do mesmo sector pola súa cremosidade. Adóitaselle engadir leite, leite de soia ou ben iogur natural para engadirlle proteínas.

Os smoothies industriais conteñen anacos triturados ou licuados de varias froitas, aos que se lle engaden diversos zumes elaborados con deshidratados ou concentrados, podendo algúns ser naturais. Non teñen aditivos que modifiquen o seu aspecto ou sabor, pero conteñen a miúdo vitaminas engadidas para compensar a carencia de vitaminas naturais. A mestura triturada consérvase mediante pasteurización.

O auténtico smoothie elabórase en base dunha mestura de froitas frescas ou conxeladas, trituradas ou licuadas no momento de consumilo. Tradicionalmente, nos Estados Unidos de América, o smoothie consumíase mesturado con xeo picado, polo que semellaba un granizado natural, pero máis cremoso, de aí o seu nome.

Unha recomendación para recoñecer un verdadeiro smoothie é que non veñan comercializados en envases tetra brik ou tetra pack, vidro ou metal, xa que significa que pasaron por un proceso de concentración e vaporización da auga mediante calor, proceso que diminúe rápida e progresivamente as vitaminas que poida conter. Tamén é importante observar os ingredientes, posto que se elaboran con numerosos produtos alternativos como polpa, purés, néctares e outros aditivos.

  1. "Smoothie King - Locations". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]