Sobreira de Santiorxo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A sobreira de Santiorxo é unha sobreira situada na aldea de Santiorxo, na parroquia pobrense de Liñares.
Características
[editar | editar a fonte]Este tipo de árbore típica da Ribeira Sacra, crece tamén na zona mediterránea, na zona sur de España na zona cantábrica e as rías galegas. Esta árbore é varias veces centenaria e ten unhas dimensións moi grandes: case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro. As abraiantes dimensións do tronco deste exemplar son consecuencia dunha enfermidade que a atinxe, facendo que o tronco se fure polo medio.
Outra sobreira tamén centenaria encóntrase a 70 m ó nacente desta.