Sociedade Fabiana
A Sociedade Fabiana (en inglés Fabian Society), é unha organización socialista británica[1] que ten por propósito adiantar os principios de socialdemocracia mediante reformas graduais, e non por un medio revolucionario.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi especialmente coñecida polas súas ideas de modernidade social aparecidas por vez primeiro a finais do século XIX e maduradas posteriormente durante o tempo da primeira guerra mundial. A sociedade sentou as bases fundacionais do Partido Laborista e participou activamente das incipientes políticas estatais da descolonización a cargo do Imperio británico, especialmente na India. Hoxe, a sociedade é unha vangarda ideolóxica do Novo Movemento Laborista. É unha de 15 sociedades socialistas afiliadas ao Labour Party. Sociedades similares existen en Australia, Canadá ou Nova Zelandia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About Us". Fabian Society
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 17 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- The History of the Fabian Society Arquivado 14 de outubro de 2004 en Archive.is de Edward R. Pease, secretario da sociedade durante 25 anos. Por cortesía do Proxecto Gutenberg. (en inglés)
- Catálogo de arquivos da Sociedade Fabiana, na London School of Economics (en inglés)