Sociedade Filharmónica de Khárkiv
A Sociedade filharmónica de Khárkiv (Харківська обласна філармонія en ucraíno, transl. Jarkivska oblasna filarmoniya) é unha asociación filharmónica situada na localidade de Khárkiv, Ucraína fundada en outubro de 1929. A organización é unha das máis antigas e recoñecidas do país como centro cultural.
Historia
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia varios compositores participaron na sociedade como: Henryk Wieniawski, Pablo Sarasate, Mattia Battistini, Titta Ruffo, Fiódor Chaliapin, Piotr Chaikovski, Serguéi Rakhmáninov entre outros compositores e músicos.
O propietario do centro é a Orquestra Académica Sinfónica. Dispón de 100 músicos de gran nivel profesional, a maior parte deles premiados en certames nacionais e internacionais.
O centro é unha das organizacións culturais promotoras da música clásica, contemporánea e folclórica realizando unha contribución significativa á vida cultural de Ucraína.
Academia Coral
[editar | editar a fonte]Nos anos 30 fundouse o Coro Vocal da Academia cun concerto.
Desde 1936, o coro estivo dirixido por O. Bryzchakha até 1938 cando foi substituído por K. Hrechenko até 1943. Ao longo dos anos houbo varios directores: E. Konopliova (1944-1945), H. Davidovskiy. En 1956 o coro reorganizouse no Coro Nacional de Ucraína até a súa desaparición en 1962.
As orixes do grupo que forma a filharmónica de Khárkiv hoxe en día remóntanse a 1980 por iniciativa de Vyachaeslav Palkin e a Administración de Cultura de Ucraína. Os concertos empezaron a atraer o interese da cidade sendo o seu primeiro concerto en xaneiro de 1981. Durante os anos 80 o grupo empezou a realizar xiras por Kíiv e outras cidades á parte de tocar en varios países: Rusia, Moldova, Letonia, Xeorxia, Alemaña e Estados Unidos.
O coro alcanzou o status de grupo filharmónico pola súa intensa actividade, actuacións profesionais e o seu gran repertorio.
En xullo de 1991, o coro actuou por primeira vez na Cámara Filharmónica rexional de Khárkiv.
Trala disolución da Unión Soviética, o coro continuou a súa actividade en varios eventos tanto internacionais e nacionais:
- Primeira asemblea coral de Kíiv (Kíiv, 1993)
- Slobozchanski velykden (Kíiv, 1996)
- 2000 anos da natividade e celebración do Día Reformista (Alemaña, 2000)
- Sexta edición do Festival Zolotoverkhiy Kíiv (Kíiv, 2002)
- Premios Taras Shevchenko Suzirya (Kíiv 2003)
- Concertos rexionais (Kíiv, 1999, 2001, 2004)
- 130 aniversario do nacemento de Oleksandr Koshytsia (Kíiv, 2005)
- Festival coral de Ucraína (Dniepropetrovsk, 2006)
- Festival Internacional Khaynovsky dni tserkownych pisnespiwiw (Polonia, 2006, 2009, 2011)
Os programas musicais do grupo coral están compostos por obras de varios compositores de varias nacionalidades:
Ucraína: Lesia Dychko, T. Kravtsov, Mikola Leontóvich, Mykola Lysenko, Yevhen Stankovych, Kyrylo Stetsenko, M. Stetsiun.
Rusia: V. Gavrylin, Mikhail Glinka, Serguéi Rakhmáninov, Sergei Taneyev, Alfred Schnittke.
Europa Occidental e Central: J. S. Bach, Hector Berlioz, Carl Maria von Weber, O. Lasso, W. A. Mozart, F. Schubert, K. Gorskiy, Krzysztof Penderecki entre outros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade Filharmónica de Khárkiv |