Saltar ao contido

Sofía Moscoso de Altamira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSofía Moscoso de Altamira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Sofia Moscoso de Altamira Taboada Editar o valor en Wikidata
18 de xaneiro de 1818 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1869 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor en Wikidata
PaiJosé María Moscoso de Altamira Editar o valor en Wikidata


Sofia Moscoso de Altamira Taboada, nada en Ferrol o 18 de xaneiro de 1818 e finada en Madrid o 4 de abril de 1869, foi unha aristócrata galega que ostentou o título de II condesa de Fontao.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla única de José María Moscoso de Altamira Quiroga, I conde de Fontao.

Malia a oposición paterna, contraeu matrimonio na Coruña en 1843 co coronel sevillano José Moreno Sopranís Daoiz, e fillo do Tenente de Reais Gardas Españolas e cabaleiro da Orde de Santiago José Moreno e de Manuela María Sopranis Saville, amais de curmán do heroe do levantamento do 2 de maio Luis Daoíz. O coronel Moreno era neto igualmente de José Moreno Guerrero do Consello de Castela e sobriño do Ministro Tomás Moreno Daoíz.

Pouco despois do seu casamento, José Moreno foi nomeado Xentilhome de cámara con exercicio da Raíña Isabel II de España. A II condesa de Fontao era, á súa vez, dama da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa.