Softastur
Softastur | |
---|---|
Tipo | organización sen ánimo de lucro |
Data de fundación | 6 de xuño de 2003 |
Nº de membros | 15 |
Premios | Premiu Andres Solar |
Sede | Asturias |
Na rede | |
http://www.softastur.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Softastur é unha asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é o fomento da lingua asturiana nas novas tecnoloxías, concretamente no ámbito do Software libre.
A asociación confórmana voluntarios, principalmente programadores informáticos, filólogos, deseñadores e profesores de lingua asturiana. Softastur ofrece soporte técnico e documentación gratuíta aos usuarios de Software libre.
No ano 2008, Softastur recibiu o premio Andrés Solar, que entrega a Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (en galego Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana), polo seu traballo de inclusión do asturiano nas novas tecnoloxías, e especialmente por facilitar a dispoñibilidade de Ubuntu, primeiro sistema operativo en lingua asturiana.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de Softastur remóntanse ao 2002. Ese mesmo ano, o 5 de xullo, anunciábase a tradución de Mozilla 1.0, o primeiro navegador en asturiano. Ao ano seguinte (2003) xorde a idea de formar unha comunidade para a tradución e a coordinación deste tipo de software. A comunidade crece de xeito progresivo até o ano 2007, cando as achegas son xa significativas e o número de proxectos que se coordinan experimenta un notábel aumento. Softastur centra o seu traballo na tradución de Ubuntu e en 2009 a comunidade convértese de facto xa nunha asociación.
No ano 2010, un membro de Canonical Ltd. desprázase a Asturias e cualifica a versión Lucid Lynx en lingua asturiana como completa[1].
Actualidade
[editar | editar a fonte]Na actualidade Softastur traballa na implantación do corrector ortográfico Aspell dentro do sistema operativo Ubuntu. Entre os feitos máis salientábeis da asociación até o de agora, atópase o acordo de colaboración no proxecto Termast[2][3], centro encargado da coordinación xeral de terminoloxía especialidada en asturiano, asinado coa Academia de la Llingua Asturiana.
En febreiro de 2010, Softastur completou o traballo de tradución de OpenOffice[4], a primeira suite ofimática en lingua asturiana.[5] E para alén diso, tamén se fixo o lanzamento da rede social Ximielga.me [6].
Proxectos e grupos de tradución
[editar | editar a fonte]- Free Translation Project
- Contornas de escritorio: KDE, GNOME, Xfce, LXDE.
- Distribucións de GNU/Linux: Debian, Ubuntu, Fedora, openSUSE, Mandriva.
- Aplicativos varios: AbiWord, aMule, Tux Paint, Joomla !, etc.
- Documentación e info[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.asturies.com/node/9827 Ubuntu completada en asturiano. Asturies.com
- ↑ https://web.archive.org/web/20100206224044/http://asturnews.com/index2008.php?idn=9252 Presentación de Termast
- ↑ http://www.academiadelallingua.com/termast/index.php Página de Termast
- ↑ http://www.lesnoticies.com/lesnoticies/noticies/softastur-completa-traduccion-asturianu-d%27open-office/4984[Ligazón morta] Softastur completa la traducción de OpenOffice
- ↑ http://blogs.altuxa.com/tapaponga/descarga-openoffice-org-nasturianu.html Enlace a la noticia
- ↑ http://www.asturies.com/node/9390 Ximiélga.me abre para todos los usuarios
- ↑ http://wiki.softastur.org/Proyeutos Proyectos