Soiuz 7K-OK
Descrición | |
---|---|
Función: | Misións na órbita terrestre. |
Tripulación: | Tres cosmonautas.[1][2][3][4][5] |
Dimensións | |
Altura:: | 7,95 m |
Diámetro: | 2,2 m |
Lanzamento Carga útil: | - |
Retorno de Carga útil: | - |
Masa no lanzamento: | 6560 kg[5] |
Volume Presurizado: | 9 m3[5] |
Enerxía Eléctrica | |
Fonte: | Paneis solares[5] |
Tamaño: | 9,80 m[5] |
Enerxía Xerada: | 0,50 kW[5] |
Motores a bordo | |
Motor principal: | |
Propulsores: | |
Rendemento | |
Resistencia: | |
Apoapse: | |
Periapse : | |
Inclinación: | |
Lanzamento | |
Sitio de Lanzamento: | Cosmódromo de Baikonur |
Rampla: | |
Foguete Acelerador: | Soiuz 11A511 |
Soiuz 7K-OK foi un dos primeiros modelos de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1966 e 1970, con lixeiras variantes.[1][2][3][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]O desenvolvemento da Soiuz 7K-OK foi aprobado en decembro de 1963, nos inicios da carreira espacial. Non estivo lista ata 1966, en que fixo o seu debut. A 7K-OK foi a primeira nave espacial en facer un acoplamento espacial completamente automatizado xunto cun intercambio de tripulacións entre naves, sentando as bases para as operacións coas futuras estacións espaciais Saliut e Almaz. Tiña capacidade para levar tres cosmonautas a bordo e era lanzada por foguetes Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4][5]
Os tres primeiros voos de proba, non tripulados, estiveron pragados de problemas: o primeiro, denominado Kosmos 133, enviou a nave a órbita, pero esta volveuse incontrolable e o sistema automático de a bordo activou a autodestrucción ao detectar que a aterraxe ía producirse en territorio chinés; o segundo nin sequera levantou voo ao detectar a cápsula, erroneamente, un fallo no lanzamento, activando a torre de escape con persoal aínda na torre de lanzamento e causando unha explosión que matou e feriu a varios; e no terceiro (Kosmos 212) a nave chegou a órbita pero sufriu dalgúns problemas menores e a cápsula de reentrada rematou afundida no mar de Aral. A pesar de todo, o cuarto voo dunha Soiuz 7K-OK foi tripulado por Vladimir Komarov, engalando o 23 de abril de 1967 na misión que sería denominada Soiuz 1. Tras varios problemas en órbita, na reentrada os paracaídas fallaron, coa cápsula tripulada impactando en terra a gran velocidade e matando a Komarov. O desastre da Soiuz 1 significou un atraso de meses no programa tripulado soviético. A 7K-OK foi redeseñada ata ser considerada segura e cumpriría 13 misións posteriores, tripuladas e non tripuladas, con éxito e sen fatalidades.[1][2][3][4][5]
Voos
[editar | editar a fonte]Número[1][2][3][4][5] | Data[1][2][3][4][5] | Centro de lanzamento[1][2][3][4][5] | Misión[1][2][3][4][5] | Resultado[1][2][3][4][5] | Notas[1][2][3][4][5] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 28 de novembro de 1966 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 133 (proba non tripulada) | Éxito parcial | Primeiro voo dun foguete Soiuz 11A511 e dunha nave Soiuz 7K-OK. |
2 | 14 de decembro de 1966 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 136 (proba non tripulada) | Fallo | |
3 | 7 de febreiro de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 140 (proba non tripulada) | Éxito parcial | |
4 | 23 de abril de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 1 | Fallo | Komarov morto durante a aterraxe da cápsula. |
5 | 27 de outubro de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 186 (proba non tripulada) | Éxito | |
6 | 30 de outubro de 1967 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 188 (proba non tripulada) | Éxito | |
7 | 14 de abril de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 212 (proba non tripulada) | Éxito | |
8 | 15 de abril de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 213 (proba non tripulada) | Éxito | |
9 | 28 de agosto de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 238 (proba non tripulada) | Éxito | |
10 | 25 de outubro de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 2 | Éxito | |
11 | 26 de outubro de 1968 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 3 | Éxito | |
12 | 14 de xaneiro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 4 | Éxito | |
13 | 15 de xaneiro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 5 | Éxito | |
14 | 11 de outubro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 6 | Éxito | |
15 | 12 de outubro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 7 | Éxito | |
16 | 13 de outubro de 1969 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 8 | Éxito | |
17 | 1 de xuño de 1970 | Cosmódromo de Baikonur | Soiuz 9 | Éxito | Último voo dunha Soiuz 7K-OK. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 9 (7K-OK, non docking)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 6 (7K-OK, non docking, special)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-OK" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017.