Soiuz TMA-02M
Soiuz TMA-02M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 7 de xuño de 2011, 20:12 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 167,26 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 22 de novembro de 2011[1][5] |
NSSDC ID | 2011-023A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-02 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 7 de xuño de 2011 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TMA-02M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Michael Fossum (da NASA), Satoshi Furukawa (da JAXA) e Sergei Volkov, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento. A nave acoplouse no módulo de investigación Rassvet (MRM1, Mini Research Module 1) e durante a misión a tripulación preparou a estación para a chegada das misións Soiuz TMA-22 e STS-135. Durante a estancia da Soiuz TMA-02M recibiuse a visita dos cargueiros Progress M-11M, Progress M-12M e Progress M-13M. A nave regresou o 22 de novembro de 2011 ás 2:26 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-02M estaba formada por Oleg Kononenko, André Kuipers e Donald Pettit.[5][2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-02M |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 2M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 2M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 11 August 2011 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-57458 (E)). 16 de novembro de 2012: 2. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-02M" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2021.