Sol (música)
Aparencia
Sol en notación latina ou G en notación anglosaxoa, é o nome da quinta nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome
[editar | editar a fonte]Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota "sol" corresponde á letra "G". Este nome mantense en varios idiomas.
Máis tarde o nome desta nota foi "sol", que deriva do inicio do quinto verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura
[editar | editar a fonte]En temperamento igual o sol que está por riba do dó medio no piano (sol4) ten unha frecuencia aproximada de 391,995 Hz. Este son ten dous enharmónicos, que son fa dobre díese e la dobre bemol.
Notación
[editar | editar a fonte]- En clave de sol sitúase na segunda liña do pentagrama.
- Na clave de dó na terceira e cuarta sitúase na quinta liña e na primeira liña adicional respectivamente.
- Na clave de fa en cuarta sitúase na terceira liña adicional superior.