Soledad Gallego-Díaz
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 ![]() Madrid, España ![]() |
Directora El País | |
8 de xuño de 2018 – 15 de xuño de 2020 ← Antonio Caño Barranco (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Oficial de Xornalismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Empregador | Pyresa (en) ![]() El País Cuadernos para el Diálogo (pt) ![]() Cadena SER ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Soledad Gallego-Díaz Fajardo, nada en Madrid en 1951, é unha xornalista española. Entre o 8 de xuño de 2018 e até o 15 de xuño de 2020 foi a directora do diario El País, sendo a primeira muller en ocupar este posto desde a fundación do xornal en 1976.[1] Empezou a traballar nel practicamente desde o inicio e durante máis de tres décadas ocupou entre outros os postos de directora adxunta e correspondente en diversas partes do mundo como Bruxelas, París, Londres, Buenos Aires ou Nova York. Gallego conseguiu e publicou en exclusiva o borrador da Constitución Española de 1978 xunto a Bonifacio de la Cuadra. É unha das decanas do xornalismo español e recibiu diversos premios pola súa traxectoria profesional, entre eles o Premio Salvador de Madariaga, o Premio Margarita Rivière ao rigor xornalístico ou o Premio Ortega y Gasset á Traxectoria Profesional. Mantén unha columna semanal no diario El País e é columnista do programa Hoy por hoy da Cadena Ser. Formou parte do consello editorial do medio dixital CTXT.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Madrid. A súa nai era unha muller cubana que foi de vacacións a Madrid en 1936 onde coñeceu ao que foi o seu marido e pai da xornalista, un xienense "matemático e comunista", segundo as súas propias palabras.[3] Estudou xornalismo na Escola Oficial de Madrid e algúns anos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense. Aos 19 anos, durante a ditadura, traballou para a axencia de información Pyresa, da que foi despedida por secundar unha folga na que se protestaba polos últimos fusilamentos do franquismo.[4] Pasou a Cuadernos para el Diálogo, onde permaneceu até o seu peche en 1978.
Chegou a El País inmediatamente despois da súa fundación en 1976 como colaboradora de política, compaxinándoo con Cuadernos ata que se incorporou de cheo á sección política. Foi cronista política e parlamentaria até finais de 1979 cando asumiu primeiro a correspondencia de Bruxelas e posteriormente a de Londres e París. En 2008 foi correspondente na Arxentina.
De volta a Madrid, oito anos despois, foi nomeada primeiro subdirectora e logo directora adxunta do diario, cargo que exerceu durante cinco anos até incorporarse á correspondencia de Nova York. Ao seu regreso foi nomeada Defensora do Lector e especializouse en temas europeos. Volveu exercer de directora adxunta para reorganizar os produtos do xornal en domingo, día no que publica a súa columna semanal de análise política.[5]
Desde setembro de 2012, traballou como columnista da Cadena Ser no programa Hoy por hoy.[6]
Tamén foi Defensora do lector e vicepresidenta da sección española de Reporteros Sin Fronteras.[3] É membro do Consello Asesor da Fundación del Español Urgente (Fundéu BBVA).
O 6 de xuño de 2018, Gallego-Díaz foi proposta como directora de El País polo Consello de Administración do diario en substitución de Antonio Caño, converténdose na primeira muller en desempeñar esta responsabilidade no xornal.[7] Nunha consulta non vinculante realizada o 7 de xuño o seu nomeamento recibiu o apoio do 97,2% da redacción, máis do duplo do que recibiu o seu antecesor Antonio Caño, quen obtivo o apoio do 43% catro anos antes.[8][9] O 8 de xuño o Consello de Administración aprobou o seu nomeamento.[10] O 15 de xuño de 2020, Gallego-Díaz deixou o posto de dirección de El País que ocupou o xornalista Javier Moreno, que xa estivera á fronte do xornal entre 2006 e 2014.[1][11]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2004 Premio AMECO "Prensa-Mujer". Mellor labor informativo a favor da igualdade de xénero.[12]
- 2007 Premio Francisco Cerecedo de xornalismo.
- 2007 Premio Salvador de Madariaga.
- 2009 Premio de Periodismo Cirilo Rodríguez.[13]
- 2011 Premio Rodríguez Santamaría da Asociación de la Prensa de Madrid.
- 2011 Medalla á Promoción dos Valores de Igualdade concedida poloMinisterio de Sanidad, Política Social e Igualdad.[14]
- 2015 Premio Mulleres Progresistas, outorgado pola Federación de Mulleres Progresistas.
- 2016 Premio Margarita Rivière ao rigor periodístico con visión de xénero concedido pola Associació de Dones Periodistes de Catalunya.[15]
- 2018 Premio Ortega y Gasset á Traxectoria Profesional.[16]
- 2018 Premio Ramón Rubial á comunicación.[17]
Libros
[editar | editar a fonte]- 1977 – Los siete magníficos. Ediciones Cambio 16. Con José Luis Martínez Rodríguez. ISBN 8485229320.
- 1981 – Del consenso al desencanto. Con Bonifacio de la Cuadra. ISBN 9788485234233.
- 1989 – Crónica secreta de la Constitución. Editorial Tecnos. Con Bonifacio de la Cuadra. ISBN 9788430917952.
- 1997 – La Unión Europea. Editorial Destino. ISBN 9788423329113.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Soledad Gallego-Díaz deja la dirección de El País y será sustituida por Javier Moreno" (en castelán). 2020-06-15. Consultado o 2020-06-16.
- ↑ Tena, Arturo. "“Los periodistas no hemos sido capaces de impedir que los medios trafiquen con la información”". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Soledad Gallego - Díaz". Premio Xosé Couso de Liberdade de prensa. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2016.
- ↑ Asociación "Mujeres en la Transición Democrática" (1999). Españolas en la transición. De excluidas a protagonistas, 1973-1982, Biblioteca Nueva, páx. 338
- ↑ "Artículos escritos por Soledad Gallego-Díaz". El País (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2016.
- ↑ "Artículos escritos por Soledad Gallego-Díaz". Cadena SER (en castelán). 19 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2016.
- ↑ País, El (7 de xuño de 2018). "Soledad Gallego-Díaz, propuesta como nueva directora de EL PAÍS". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de xuño de 2018.
- ↑ "La redacción de 'El País' respalda de forma masiva a Soledad Gallego-Díaz como directora con el 97,2% de los votos a favor" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ infoLibre. "El 97% de la redacción apoya a Soledad Gallego-Díaz como nueva directora de 'El País'" (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ País, El (8 de xuño de 2018). "Soledad Gallego-Díaz, nombrada nueva directora de EL PAÍS". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 8 de xuño de 2018.
- ↑ eldiario.es. "Javier Moreno volverá a dirigir El País y reemplaza a Soledad Gallego-Díaz" (en castelán). Consultado o 2020-06-16.
- ↑ País, Ediciones El (6 de novembro de 2004). "Soledad Gallego-Díaz recibe el Premio AMECO Prensa-Mujer". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de xuño de 2018.
- ↑ "Premio de Periodismo Cirilo Rodríguez". El País. Consultado o 6 de abril de 2014.
- ↑ El País, ed. (5 de marzo de 2011). "Soledad Gallego-Díaz, medalla de la Igualdad" (en castellano). Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Soledad Gallego-Díaz recoge el Premio Margarita Rivière de comunicación". La Vanguardia. Consultado o 19 de novembro de 2016.
- ↑ País, El (3 de abril de 2018). "Animal Político, Univisión, David Armengou, Marcela Miret y Soledad Gallego-Díaz, Ortega y Gasset 2018". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ "Agenda: XII EDICIÓN PREMIOS RAMÓN RUBIAL" (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soledad Gallego-Díaz |