Soledad Torres Guijarro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX valor descoñecido |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira de telecomunicacións, profesora universitaria |
Soledad Torres Guijarro, é enxeñeira de Telecomunicación e profesora na Universidade de Vigo (Uvigo).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Enxeñeira de Telecomunicación dende 1992 e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid, e investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de audio e acústicas e a acústica submarina.[1] Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.[2]
Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Toro, Victoria (2023-02-08). "La ingeniera que ‘pesca’ contaminación acústica en el mar: “Ahí abajo hay ruido, mucho”". El País (en castelán). Consultado o 2024-08-24.
- ↑ Redacción (2023-06-24). ""O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive"". GCiencia. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.