Sombra do aire na herba
Sombra do aire na herba | |
---|---|
Autor/a | Luís Pimentel |
Lingua | galega |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1959 |
Precedido por | Triscos (1950) |
Seguido por | Barco sin luces (1960) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sombra do aire na herba é un libro de corenta e dous poemas do lugués Luís Pimentel (1895-1958), no que aparece a súa obra fundamental. Publicouse postumamente, en 1959, pola Editorial Galaxia, ao ano seguinte do pasamento do autor.
Contido
[editar | editar a fonte]O texto ten un prólogo de Celestino Fernández de la Vega, amigo de Pimentel,[1] e inclúe Triscos, un opúsculo de oito poesías publicado en 1950 na Colección Benito Soto.[2]
Mañá da miña rúa
¿Tu que sabes...?
O bosque
Paseo [3]
Pantomima
Nouturno
Galicia
A poesía é o gran milagre do mundo
A Rosalía [4]
Outono
Vrao
Inverno
Marzo
Interior
Domingo
Nouturno
Nouturno
Quero cantar sin gaita
O día malo
Canción das tres cucharas
Primera comunión
Os nenos
O nome
Nouturno (Plaza do Campo)
Outra vez Rosalía
Enterro do neno probe
Inverno na miña vila
Paseos
Consello
Oración e gabanza dos nosos pés
Xogo ruín
Paisaxe sin historia
Forasteiro
¡Si ti vises esta tarde!
Oración incompleta
O meu refuxio
Si eu souper
Non te atopo endexamais
Solpores da miña vila
Marcha fúnebre pra Rosalía
Outra vez
Oración derradeira
- Triscos
Fondo de espello (prologo de Ánxel Fole)
Nai de Galicia
Aprendiz de santo
O primeiro mosteiro
¿-?
Eco
Cruceiro
Canzón pra que un neno non durma
O vals da nena probe
Reedicións
[editar | editar a fonte]Entre as reedicións do libro destacan as seguintes:
- Na Colección Dombate (número 5), en 1981.
- Na Biblioteca Básica da Cultura Galega (número 38), en 1982.
- Na Biblioteca Galega 120 (número 37), en 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández de la Vega, C. (1983). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Sombra do aire na herba. BBdCG.
- ↑ Pozo Garza, Luz (1990). A bordo de "Barco sin luces" (ou o mundo poético de Luís Pimentel). Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-063-2. Reeditado en 2011 por Alvarellos.[1] Arquivado 02 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ A poesía "Paseo" remata co verso: como a sombra do aire sobre a herba, que da título ao libro.
- ↑ "A Rosalía" na Biblioteca Virtual Galega
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández de la Vega, C. (1983). "Vida e poesía de Luís Pimentel". Sombra do aire na herba. BBdCG. Galaxia.
- López-Casanova, A. (1990). Luís Pimentel e Sombra do aire na herba. Ágora. Galaxia. ISBN 84-7154-716-3.