Somersby (sidra)
Somersby Cider (en galego "Sidra Somersby"), é unha marca de bebida de sidra de 4,5 % de contido alcohólico, feita pola fábrica de cervexas danesa Carlsberg Group. Desenvolvida no ano 2008[1] e orixinalmente fabricada para o mercado danés, na actualidade distribúese en máis de 35 países, incluídos os países da Escandinavia, Reino Unido, Rusia, Australia, Malaisia, Canadá e os Estados Unidos de América.[2] Das dez marcas de sidra máis vendidas do mundo, Somersby foi a que tivo o maior crecemento no ano 2012.[2]
No ano 2012, a subsidiaria de Carlsberg Group no Reino Unido chamada Carlsberg UK, desenvolveu e introduciu unha nova versión da Somersby Cider soamente para o mercado inglés. Somersby cider UK (é o nome que ten esta versión da bebida de sidra no Reino Unido), ten un contido alcohólico dun 4,5 %, esta sidra-seca non contén ningún sabor artificial ou edulcorantes.[3]
A pesar da súa orixe danesa, a sidra é comercializada en varios territorios coa creación de "Lord Somersby".[4][5]
A bebida non ten conexións discerníbeis á vila inglesa de Somersby (Lincolnshire).
Variedades
[editar | editar a fonte]Ademais da sidra de mazá pura, a marca Somersby tamén está a usar outra variade que como a sidra de pera, sidra de mazá con sabor de amorodo e tamén unha sidra de mazá con menos calorías.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Somersby Cider product information". Consultado o 2012-07-11.
- ↑ 2,0 2,1 "Somersby was fastest-growing of the global top 10 cider brands in 2012". Arquivado dende o orixinal o 07-11-2013. Consultado o 11-7-2012.
- ↑ "Somersby Cider Official UK Website". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xullo de 2014.
- ↑ https://www.coolbrandz.com/coolideas/fun-lab-co-create-somersby-become-brand-ambassador/
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=52uc52l5jws
- ↑ "The Ciders". Official website. Consultado o 6 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Somersby |