Saltar ao contido

Sonia Vizoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSonia Vizoso
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Sonia Vizoso Pérez, nada na Coruña no ano 1974, é unha xornalista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1996. Os seus primeiros traballos foron para o xornal Crónica de Granada, cidade en cuxa universidade traballou no gabinete de prensa ao tempo que estudaba árabe.

En Galicia formou parte das redaccións dos diarios El Correo Gallego (1996), Faro de Vigo na súa delegación na Coruña (1999), La Voz de Galicia (1999-2000), xornal no que traballou na delegación de Ferrol e na sección de Galicia e La Opinión (2000).

Colaborou así mesmo en revistas como Tempos Novos, Tempo Exterior, Magazine e a edición galega de Estrella Dixital.

En febreiro de 2006 é contratada pola TVG para conducir o programa Hai debate. Só estivo á fonte deste uns meses, sendo substituída para a segunda temporada por Ana Rodríguez Martí.

Colaboradora de El País, foi membro da redacción autonómica deste xornal desde que comezara a súa delegación para Galicia en novembro de 2006 ata a súa desaparición en marzo de 2015,

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]