Soraya Castro Lago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1999 (25 anos) Abade, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Actividade | |
Ocupación | estudante , poetisa |
Lingua | Lingua galega |
Soraya Castro Lago, nada en Abade (Moeche) o 20 de setembro de 1999,[1] é unha escritora e poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde moza escribe poesía. Padece trastorno de personalidade límite.[1] En xaneiro de 2019 tentou suicidarse botándose da fiestra dun terceiro piso.[2] As consecuencias da caída deixárona para a vida nunha cadeira de rodas con tetraplexía de alta lesión.
Nunha entrevista recoñecía a inspiración de Rosalía de Castro, Manoel Antonio, Lois Pereiro e Lupe Gómez, así como a axuda persoal de Branca Trigo para que os seus primeiros poemas visen a luz.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Cinzas (2023), autoeditado. Inclúe poemas anteriores e posteriores á discapacidade, elemento protagonista de moitos textos que reclaman un coprotagonismo coa saúde mental.