Soro fisiolóxico
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Soro.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O soro fisiolóxico é unha solución acuosa de electrólitos e, ás veces, outras substancias como, por exemplo, glicosa.
O cualificativo de fisiolóxico débese a que está formado por substancias compatíbeis cos organismos vivos, e ás súas características de osmoticidade, pH e forza iónica.
É unha fonte de carbono e enerxía para o organismo, e para a síntese dalgúns polisacáridos.
Emprégase como substituto, en certo modo, do sangue, cando diminúe drasticamente a volemia, e como vía de aplicación de diversas substancias por vía parenteral.
Tamén está indicado na curación de perforacións da pel, en vómitos constantes (por vía oral) e para resolver as obstrucións nasais, especialmente en nenos pequenos (bebés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Que é o soro fisiolóxico? Arquivado 29 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).