Sousa (xénero)
Sousa | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sousa chinensis | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Sousa é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende tres especies de golfiños que se caractarizan por teren unha xiba ba base da aleta dorsal, e que viven na rexión Indo-pacífica e nas costas da África centrooccidental.
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]Teñen o corpo robusto, cun melón arredondado na cabeza e un bico longo e delgado, e cunha xiba alongada no dorso, rematada por unha pequena aleta dorsal. Viven en augas costeiras pouco profundas e estuarios, na rexión Indo-pacífica e da África centrooccidental.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A taxonomía do xénero Sousa é complicada e discutida, chegando algúns autores a propoñer até cinco especies dentro del:
- Sousa chinensis, do océano Pacífico.
- Sousa plumbea, do Índico, nas cosatas da India.
- Sousa teuszi do Atlántico centroafricano.
- Sousa lentiginosa, e
- Sousa borneensis
Até mediados da década de 2000, a maioría das autoridades aceptaban só dúas especies, Sousa chinensis e S. teuszi.[3][4][5][6][7]
Porén, na sistemática de Rice, amplamente utilizada, identifícanse tres especies, engadindo S. plumbea ás dúas anteriores.[8]
Pero o cetólogo autraliano Graham Ross escribiu "porén, recentes estudos morfolóxicos, apoiados por análises xenéticas, indican que hai unha soa especie con diverdas variantes, para a cal o nome S. chinensis ten prioridade".[9]
De calquera xeito, o consenso maioritario na actualidade sobre es especies de Sousa son as tres especies seguintes:[1]
- Sousa chinensis (Osbeck, 1765)
- Sousa plumbea (G. Cuvier, 1829)
- Sousa teuszii (Kükenthal, 1892)
Distribución das tres especies
[editar | editar a fonte]-
Distribución de Sousa chinensis
-
Distribución de S. plumbea
-
Distribución de S. teuszii
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sousa Gray, 1866 en ITIS.
- ↑ Carwardine, M. (1995), pp. 174-177.
- ↑ Wilson & Reeder (2005): Mamamal Species of the World
- ↑ National Audubon Society (2002): Guide to Marine Mammals of the World. ISBN 0-375-41141-0.
- ↑ Mann, Connor, Tyack e Whitehead (2000): Field Studies of Whales and Dolphins.Cetacean Societies. ISBN 0-226-50340-2.
- ↑ Sousa en NCBI].
- ↑ Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Sousa en Mammal Species of the World.
- ↑ Dale W. Rice (2000): Land Mammals of the World. Systematics and Distribution. Society of Marine Mammalogy. Special Publication No. 4.
- ↑ Graham J. B. Ross (1998): "Humpback Dolphins" pp. 585-589 en Encyclopedia of Marine Mammals. ISBN 0-12-551340-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sousa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sousa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.