Space Invaders
Space Invaders | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Taito |
Distribuidora(s) | Taito, Midway, Leisure & Allied Industries |
Deseñador(es) | Tomohiro Nishikado |
Lanzamento | 1978 |
Xénero | Shoot 'em up |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Varias |
Na rede | |
http://www.spaceinvaders.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Space Invaders é un videoxogo de arcade deseñado por Toshihiro Nishikado e lanzado ao mercado en 1978. Nun principio foi fabricado e vendido por Taito Co. no Xapón, para posteriormente ser licenciado para produción e distribución en Estados Unidos por Midway, división de Bally Technologies.
Características
[editar | editar a fonte]Space Invaders é un dos primeiros xogos shoot 'em up. É un dos videoxogos máis importantes da historia. O seu obxectivo é eliminar ondas de alieníxenas cun canón láser e obter a maior cantidade de puntos posíbel. Para o deseño do xogo, Nishikado inspirouse en Breakout e Star Wars.
Aínda que é un xogo simple para os estándares actuais, foi un dos precursores dos videoxogos modernos e axudou a expandir a industria do sector, dende unha mera novidade a unha industria global. Foi exitoso e popular desde o seu lanzamento, tanto que chegou a unha breve escaseza de moedas de cen iens no Xapón. Ao ano 2007, Taito gañou US$500 millóns en utilidades.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Space Invaders |