Spacehab
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/STS057-79-050_-_View_of_Wisoff_and_Low_during_EVA_%28Retouched%29.jpg/250px-STS057-79-050_-_View_of_Wisoff_and_Low_during_EVA_%28Retouched%29.jpg)
Spacehab foi unha serie de módulos habitables utilizados a bordo de varias misións dos transbordadores espaciais da NASA.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os módulos Spacehab foron deseñados, desenvolvidos e comercializados pola empresa do mesmo nome, hoxe Astrotech Corporation. Spacehab Inc. foi fundada por Bob Citron en 1982 en Houston, Texas e considérase a única compañía privada en desenvolver con éxito un módulo espacial comercial habitable.[1][2]
O primeiro módulo desenvolveuse a partir do módulo Spacelab da Axencia Espacial Europea e tiña unha masa de 5000 kg e un volume presurizado de 28,3 m3 para acomodar experimentos e tripulación. Debido aos acordos da NASA coa ESA o primeiro módulo Spacehab non voou ata 1993, na misión STS-57.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Spacehab ![]() |