Saltar ao contido

Espiroquetas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Spirochaetes»)
Tamén existe o xénero Spirochaeta, pertencente a este filo.
Espiroquetas

Treponema pallidum.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Spirochaetes
Clase: Spirochaetes
Orde: Spirochaetales
Buchanan 1917
Familias e xéneros

Spirochaetaceae
    Borrelia
    Brevinema
    Clevelandina
    Cristispira
    Diplocalyx
    Hollandina
    Pillotina
    Spirochaeta
    Spirosymplokos
    Treponema
Brachyspiraceae (= Serpulinaceae)
   Brachyspira
   Serpulina
Leptospiraceae
   Leptospira
   Leptonema

Debuxo que mostra os flaxelos internos.
Sección dunha espiroqueta mostrando a súa envoltura e os flaxelos.

As espiroquetas (Spirochaetes) son un filo de bacterias gramnegativas que teñen células alongadas e enroladas helicoidalmente. Entre elas hai algunhas que producen enfermidades nos humanos, como a sífilis ou a enfermidade de Lyme.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Son bacterias bastante longas pero estreitas, cunha lonxitude comprendida entre 5 e 250 µm e un diámetro de arredor de 0,1-0,7 µm [2]. O citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Teñen a peculiaridade de posuír unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico.

Spirochaetes distínguese dos demais filos bacterianos pola posesión duns flaxelos especializados denominados filamentos axiais, que non saen ao exterior, xa que están situados entre a envoltura celular externa e o cilindro protoplásmico (no espazo periplásmico). Producen un movemento xiratorio que fai que a bacteria se mova cara a adiante, como se fose un sacarrollas facendo flexións. Segundo a especie, poden ter de dous a 100 destes flaxelos por célula. Os flaxelos son de estrutura e composición similar aos do resto das bacterias, diferenciándose en que son completamente intracelulares. De cada extremo da célula emerxe un feixe de flaxelos, que se dobran cara a atrás e discorren por dentro do espazo periplásmico ao longo de 2/3 da lonxitude celular, e os que proceden de cada polo da bacteria se encontran no centro da célula.[2]

A mobilidade das espiroquetas é diferente á do resto das bacterias móbiles. A pesar de que os flaxelos son internos, o movemento dos flaxelos causa torsión na célula e, por tanto, mobilidade. Poden empregar tres tipos de movemento en medio líquido: rotación arredor do seu eixe, contraccións flexulosas e movemento helicoidal. Tamén poden desprazarse en ambientes altamente viscosos, mesmo en medios sólidos cun 1% de ágar.

Son organismos quimioheterótrofos, a maioría anaerobios que viven libremente, pero hai numerosas especies parasitas.

O xenoma de Spirochaetes é moi infrecuente e consta de cromosomas e plásmidos, e en xéneros como Borrelia os cromosomas son liñais en vez de circulares.[3]

O filo Sprirochaetes divídese en tres familias (Leptospiraceae, Spirochaetaceae e Brachyspiraceae), todas incluídas nun único orde, Spirochaetales. Membros importantes deste filo son:

Cavalier-Smith postulou que Spirochaetes forma parte dun clado maior denominado Gracilicutes.[7]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

A taxonomía aceptada actualmente está baseada na List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN) [8] e na base de datos do Centro Nacional para a Biotecnoloxía e Información (NCBI)[9] e a filoxenia está baseada no ARNr 16S LTP 106 do Proxecto 'The All-Species Living Tree' [10]

  Leptospiraceae

Turneriella parva (Hovind-Hougen et al. 1982) Levett et al. 2005

Leptonema illini Hovind-Hougen 1983

Leptospira Noguchi 1917 emend. Faine e Stallman 1982

 

Brevinema andersonii Defosse et al. 1995

Exilispira thermophila Imachi et al. 2008

Brachyspira Hovind-Hougen et al. 1983

Spirochaetaceae

?Clevelandina reticulitermitidisBermudes et al. 1988

?Cristispira pectinisGross 1910

?Diplocalyx calotermitidis(ex Gharagozlou 1968) Bermudes et al. 1988

?Hollandina pterotermitidis(ex To et al. 1978) Bermudes et al. 1988

?Pillotina calotermitidis(ex Hollande e Gharagozlou 1967) Bermudes et al. 1988

?Sphaerochaeta Ritalahti et al. 2012

Spirochaeta [inclúe Borrelia]

Spironema culicisTurk et al. 1999

Treponema [inclúe Spirochaeta caldaria]

Notas:
♦ Cepas tipo perdidas ou non dispoñibles
♪ Procariotas dos que non hai cultivos puros (axénicos) illados ou dispoñibles, é dicir, que non se poden cultivar ou non poden sosterse os cultivos durante certo tempo
♠ Cepas atopadas no NCBI pero non listadas na (LSPN)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed. ed.). McGraw Hill. ISBN 0-8385-8529-9. 
  2. 2,0 2,1 M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Biología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). Páxinas 432-435. 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.
  3. Hinnebusch J, Tilly K (1993). "Linear plasmids and chromosomes in bacteria.". Mol Microbiol 10 (5): 917–22. PMID 7934868. 
  4. McBride A, Athanazio D, Reis M, Ko A (2005). "Leptospirosis". Curr Opin Infect Dis 18 (5): 376–86. PMID 16148523. 
  5. Schwan T (1996). "Ticks and Borrelia: model systems for investigating pathogen-arthropod interactions". Infect Agents Dis 5 (3): 167–81. PMID 8805079. 
  6. Amat Villegas I, Borobio Aguilar E, Beloqui Perez R, de Llano Varela P, Oquiñena Legaz S, Martínez-Peñuela Virseda JM (2004). "[Colonic spirochetes: an infrequent cause of adult diarrhea]". Gastroenterol Hepatol (en Spanish; Castilian) 27 (1): 21–3. PMID 14718105. 
  7. Cavalier-Smith, T. (2006). "Rooting the tree of life by transition analyses". Biology Direct 1 (19). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012.  Consultado o 10 de marzo de 2006
  8. J.P. Euzéby. "Spirochaetes". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2011-11-17. 
  9. Sayers; et al. "Spirochaetes". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 2011-06-05. 
  10. 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 2011-11-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]