Espirulina
A espirulina ou spirulina é un produto formado por biomasa de cianobacterias (algas verde-azuis) que pode ser consumido por humanos e animais. As tres especies fontes deste produto son: Arthrospira platensis, A. fusiformis e A. maxima (antes clasificadas no xénero Spirulina).
A Arthrospira cultívase en todo o mundo e utilízase como suplemento dietético ou alimento natural.[1] Tamén se usa como suplemento alimentario nas industrias da acuicultura, acuarios e avicultura.[2] Contén diversos nutrientes esenciais, pero non é unha fonte recomendada de vitamina B12.[3][4][5]
Etimoloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Arthrospira.
As especies A. maxima e A. platensis estaban antes clasificadas no xénero Spirulina, polo que a denominación espirulina (ou spirulina) seguiu usándose por razóns históricas.[2] O nome común espirulina refírese a biomasa seca de A. platensis,[6] fundamentalmente, que son bacterias fotosintéticas do grupo das cianobacterias.
As especies de Arthrospira son cianobacterias filamentosas que flotan libremente caracterizadas por presentar tricomas multicelulares cilíndricos formando unha hélice que xira á esquerda. Aparecen de forma natural en lagos tropicais e subtropicais con alto pH (básicos) e altas concentracións de carbonato e bicarbonato.[7] Illáronse especies de Arthrospira de augas salobres alcalinas e salinas en rexións tropicais e subtropicais. Entre as varias especies incluídas no xénero Arthrospira, A. platensis é a que está máis amplamente distribuída e aparece en África, Asia e Suramérica, mentres que A. maxima está confinada en América Central e crese que se encontra en California e México.[8].[2] A maioría das algas produtoras de espirulina cultivadas prodúcense en pozas artificiais en canle aberta, usando rodas de pas para axitar a auga.[7]
Prosperan en pH arredor de 8,5 e superior e a temperaturas de arredor de 30 °C. Son autótrofas. Nutrientes necesarios para o seu crecemento son:[9]
- bicarbonato de sodio 16 g/L
- nitrato de potasio 2 g/L
- sal mariño 1 g/L
- fosfato de potasio 0,1 g/L
- sulfato de ferro 0,0378 g/L
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 1 213 kJ (290 kcal) |
23,9 g | |
Azucres | 3,1 g |
Fibra alimentaria | 3,6 g |
7,72 g | |
Saturadas | 2,65 g |
Monoinsaturadas | 0,675 g |
Poliinsaturadas | 2,08 g |
57,47 g | |
Triptófano | 0,929 g |
Treonina | 2,97 g |
Isoleucina | 3,209 g |
Leucina | 4,947 g |
Lisina | 3,025 g |
Metionina | 1,149 g |
Cistina | 0,662 g |
Fenilalanina | 2,777 g |
Tirosina | 2,584 g |
Valina | 3,512 g |
Arxinina | 4,147 g |
Histidina | 1,085 g |
Alanina | 4,515 g |
Ácido aspártico | 5,793 g |
Ácido glutámico | 8,386 g |
Glicina | 3,099 g |
Prolina | 2,382 g |
Serina | 2,998 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 4% 29 μg3% 342 μg0 μg |
Tiamina (B1) | 207% 2.38 mg |
Riboflavina (B2) | 306% 3.67 mg |
Niacina (B3) | 85% 12.82 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 70% 3.48 mg |
Vitamina B6 | 28% 0.364 mg |
Ácido fólico (B9) | 24% 94 μg |
Vitamina B12 | 0% 0 μg |
Colina | 13% 66 mg |
Vitamina C | 12% 10.1 mg |
Vitamina D | 0% 0 IU |
Vitamina E | 33% 5 mg |
Vitamina K | 24% 25.5 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 12% 120 mg |
Ferro | 219% 28.5 mg |
Magnesio | 55% 195 mg |
Manganeso | 90% 1.9 mg |
Fósforo | 17% 118 mg |
Potasio | 29% 1363 mg |
Sodio | 70% 1048 mg |
Cinc | 21% 2 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 4,68 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Uso histórico
[editar | editar a fonte]A espirulina foi unha fonte de alimento para os aztecas e outros pobos mesoamericanos ata o século XVI; as colleitas do lago Texcoco en México e a súa venda en pasteis foron descritas por un dos soldados de Hernán Cortés.[10][11] Os aztrecas chamábanlle tecuitlatl.[7]
Investigadores franceses atoparon abyndante espirulina no lago Texcoco na década de 1960, pero non hai referencias de que seguise consumíndose como alimento en México despois do século XVI, probablemente debido ao desecamento dos lagos que o rodean debido a usos agrícolas e ao desenvolvemento urbano.[7] A denominación tecuitlatl, que non se descubriu ata 1520, non foi menncionada de novo ata 1940, cando o psicólogo belga Pierre Dangeard menciona un pastel denominado dihe consumido pola tribo africana Kanembu, que o colleitaba no lago Chad no Chad. Dangeard estudou mostras de dihe e atopou que era un puré seco de algas vede-azuis recollidas no lago. O dihe utilízase para facer caldos para a comida e véndese en mercados. A espirulina colléitase en pequenos lagos e pozas arredor do lago Chad.[12]
Durante os anos 1964 e 1965, o botánico Jean Leonard confirmou que o dihe está feito de espirulina, e posteriormente estudou unha floración de algas nunha instalación para a produción de hidróxido de sodio. Como resultado, o primeiro estudo sistemático e detallado dos requirimentos para o crecemento e a fisioloxía da espirulina realizáronse para coñecer os fundamentos necesarios para a súa produción a grande escala na década de 1970.[2][8]
Alimento e nutrición
[editar | editar a fonte]Como é un suplemento dietético rico en nutrientes e con sona de ecolóxico, a espirulina está sendo moi investigada para comprobar a súa seguridade alimentaria e aspectos relacionados coa malnutrición, así como para o seu posible uso como apoio dietético en viaxes espaciais de longa duración ou misións a Marte.[13][14] A súa vantaxe na seguridade alimentaria é que necesita menos superficie terrestre que o gando para producir proteína e enerxía, aínda que o hábitat sexa totalmente diferente.[13]
A espirulina seca contén un 5% de auga, 24% de carbohidratos, 8% de graxas e un 60% (51–71%) de proteínas (ver táboa).[15][16]
Na súa forma típica de suplemento como pos secos, unha cantidade de 100 g de espirulina achega 290 quilocalorías (1 200 kJ) e é unha rica fonte (20% ou máis do Valor Diario recomendado, DV) de numerosos nutrientes esenciais, especialmente proteínas, e varias vitaminas do grupo B (tiamina, riboflavina e niacina, con ata o 207%, 306% e 85% do DV, respectivamente, pero non de vitamina B12), e de minerais da dieta, como ferro (219% do DV) e o manganeso (90% do DV) (ver táboa). O contido en lípidos da espirulina é do 8% en peso (ver táboa) proporcionando os ácidos graxos ácido gamma-linolénico,[17][18] ácido linoleico, ácido estearidónico,[19] ácido eicosapentaenoico (EPA), ácido docosahexaenoico (DHA) e ácido araquidónico.[20] Do seu contido en certos ácidos graxos fixéronse diversas estimacións, non sempre coincidentes. En contraste con estimacións feitas en 2003 (no que o DHA e o EPA supoñían cada un do 2 ao 3% do total de ácidos graxos), investigacións de 2015 indican que os produtos de espirulina "non conteñen ácidos graxos omega 3 detectables" (menos do 0,1%, incluíndo DHA e EPA).[21] Porén, un estudo in vitro informou que as diferentes cepas de microalgas producían DHA e EPA en cantidades substanciais.[22]
Vitamina B12
[editar | editar a fonte]A espirulina contén de forma natural cantidades escasas e variables de vitamina B12, nalgunhas análises cero (ver táboa), e os suplementos de espirulina non son considerados unha fonte fiable ou recomendada[3][5] de vitamina B12, xa que conteñen predominantemente pseudovitamina B12 (Coα-[α-(7-adenil)]-Coβ-cianocobamida),[23] que é bioloxicamente inactiva nos seres humanos, sen actividade de vitamina B12.[4][24] En 2009 nun artigo de toma de posición sobre dietas vexetarianas, a American Dietetic Association afirmou que a espirulina non é unha fonte fiable de vitamina B12 activa.[24] De xeito similar, a literatura médica advirte que a espirulina non é axeitada como fonte de vitamina B12.[4][25]
Animais e acuicultura
[editar | editar a fonte]Fixéronse varios estudos sobre o uso da espirulina como alimentación alternativa para animais e en acuicultura.[8] Pode alimentarse con ata un 10% de espirulina ás aves de coral [26] e con menos do 4% ao paspallás.[27] O incremento en contido de espirulina ata os 40 g/kg (0,64 oz/lb) durante 16 días en polos machos para carne de 21 días de idade, tivo como resultado unha coloración amarela e vermella da carne e isto puido deberse á acumulación do pigmento amarelo zeaxantina.[28] Aos porcos[29] e os coellos[30] pode dárselles ata un 10% do seu alimento en forma de espirulina, e o incremento no contido en espirulina en gando vacún orixina un aumento na produción láctea e no peso.[31] A espirulina pode utilizarse como alimento alternativo e reforzo inmunitario para certos peixes de acuicultura como o Ictiobus cyprinellus,[31] o Chanos chanos,[32] Caranx delicatissimus,[33] carpas,[34][35] Pagrus major,[36] tilapias,[37] Heropneustes fossilis,[38] Pseudotropheus acei,[39] peixe cebra,[40] así como en gambas,[41][42] e moluscos peneiras.[43] Estableceuse[8] que se pode recomendar de forma segura ata un 2% por día na alimentación para acuicultura.[8]
Investigacións en humanos
[editar | editar a fonte]Segundo os National Institutes of Health de EUA, as evidencias científicas son insuficientes para recomendar a suplementación con espirulina en ningunha condición que afecte ao ser humano, e cómpre facer máis investigacións para aclarar se o seu consumo produce algún beneficio.[1] A administración de espirulina investigouse como forma de control dos niveis de glicosa en persoas diabéticas, pero a Autoridade de Seguridade Alimentaria Europea rexeitou esa posibilidade en 2013.[44] A espirulina foi estudada como un posible suplemento nutricional para adultos e nenos con infección polo VIH, mais non se atopou un efecto concluínte sobre o risco de morte, peso corporal ou resposta inmunitaria.[45][46]
Alimento para viaxes espaciais
[editar | editar a fonte]A finais da década de 1980 e principio da de 1990, tanto a NASA (proxecto CELSS)[47] coma a Axencia Espacial Europea (proxecto MELiSSA)[48] propuxeron a espirulina como un dos alimentos primarios que se debían cultivar en misións espaciais de longa duración.
Riscos
[editar | editar a fonte]A espirulina pode ter interaccións adversas cando se toma con medicamentos prescritos polos médicos, especialmente aos que afectan ao sistema inmunitario e á coagulación do sangue.[1]
Seguridade e toxicoloxía
[editar | editar a fonte]Como a espirulina se obtén dunha cianobacteria, e algunhas outras cianobacterias que viven no seu hábitat producen toxinas como as microcistinas,[49] atopouse que algúns suplementos de espirulina estaban contaminados por microcistinas, mais en niveis por debaixo do límite establecido polo Departamento de Saúde de Oregón.[50] As microcistinas poden causar trastornos gastrointestinais, como a diarrea, flatulencia, así como dor de cabeza, dor muscular, rubor facial e suor.[1][49] Se se inxiere cronicamente poden aparecer danos hepáticos.[1] Os efectos da exposición crónica incluso a niveis baixos de microcistinas son preocupantes debido ao risco de toxicidade sobre varios sistemas orgánicos.[1][50]
Estes compostos tóxicos non os produce a propia espirulina,[51] pero poden aparecer se algúns lotes de espirulina son contaminados con outras algas verde-azuis produtoras de toxinas. Como en países como EUA a espirulina se considera un suplemento dietético e non un alimento, o goberno non regula a súa produción e non obriga a cumprir estándares de seguridade para a súa produción e pureza.[50] Os National Institutes of Health dos Estados Unidos describen os suplementos de espirulina como "posiblemente seguros", con tal de que estean libres de contaminación por microcistinas, pero como "probablemente inseguros" (especialmente para nenos) se están contaminados.[1] Dada a falta de estándares reguladores nos Estados Unidos, algúns investigadores da saúde pública expresaron a súa preocupación polo feito de que os consumidaores non poidan estar seguros de que a espirulina e outros suplementos de algas verde-azuis estean libres de contaminación.[50] En 1999, Health Canada atopou que unhas mostras de espirulina analizadas estaban libres de microcistinas. ("...0/10 mostras de Spirulina contiñan microcistinas.")[52]
Outra preocupación é a posible contaminación por metais pesados dos suplementos de espirulina. A Administración de Medicamentos e Alimentos do Estado da China informou que era moi frecuente a contaminación por chumbo, mercurio e arsénico nos suplementos de espirulina comercializados na China.[53] Un estudo informou da presenza de chumbo nunha concentración de 5,1 ppm nunha mostra dun suplemento comercial.[8] Doses de espirulina de 10 a 19 gramos ao día durante varios meses téñense utilizado con seguridade.[1]
Seguridade en certos grupos diana
[editar | editar a fonte]Como todos os alimentos proteicos, a espirulina contén o aminoácido esencial fenilalanina (2,6–4,1 g/100 g),[7] que debería ser evitado polas persoas que padecen fenilcetonuria, un raro tanstorno xenético que impide que o corpo metabolice a fenilalanina, a cal se acumula no cerebro, causando danos.[54]
A espirulina contaminada con microcistinas ten certa toxicidade potencial, especialmente nos nenos e mulleres preñadas,[55] incluíndo lesións hepáticas, shock circulatorio e morte.[1]
Estudos in vivo e in vitro suxiren que a inxestión de espirulina pode estar asociada co inicio clínico de gromos de doenzas caracterizadas por unha resposta inmune esaxerada, como o lupus eritematoso, a dermatomiosite e trastornos autoinmunes con formación de bochas na pel.[56]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Blue-green algae". MedlinePlus, National Library of Medicine, US National Institutes of Health. 23 de xullo de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Vonshak, A. (ed.). Spirulina platensis (Arthrospira): Physiology, Cell-biology and Biotechnology. Londres: Taylor & Francis, 1997.
- ↑ 3,0 3,1 Vitamin B12 & Health
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Watanabe, F (2007). "Vitamin B12 sources and bioavailability". Experimental Biology and Medicine (Maywood) 232 (10): 1266–1274. PMID 17959839. doi:10.3181/0703-MR-67.
A maioría das algas verde-azuis comestibles (cianobacterias) usadas para a suplementación humana conteñen predominantemente pseudovitamina B(12), que é inactiva en humanos. As cianobacterias comestibles non son axeitadas para o seu uso como fontes de vitamina B(12), especialmente en veganos.
- ↑ 5,0 5,1 Sabrina P. van den Oever, Helmut K. Mayer. Biologically active or just “pseudo”-vitamin B12 as predominant form in algae-based nutritional supplements? Journal of Food Composition and Analysis. Volume 109, xuño de 2022, 104464. doi: https://doi.org/10.1016/j.jfca.2022.104464.
- ↑ Gershwin, M. E.; Belay, A. (2007). Spirulina in human nutrition and health. CRC Press, USA.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Habib, M. Ahsan B.; Parvin, Mashuda; Huntington, Tim C.; Hasan, Mohammad R. (2008). "A Review on Culture, Production and Use of Spirulina as Food dor Humans and Feeds for Domestic Animals and Fish" (PDF). Food and Agriculture Organization of The United Nations. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 Siva Kiran RR, Madhu GM, Satyanarayana SV (2015). "Spirulina in combating Protein Energy Malnutrition (PEM) and Protein Energy Wasting (PEW) - A review". Journal of Nutrition Research 3 (1): 62–79. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Chang, Yuanyuan; et al. (2013). "Cultivation of Spirulina platensis for biomass production and nutrient removal from synthetic human urine". Applied Energy 102: 427–431. doi:10.1016/j.apenergy.2012.07.024.
- ↑ Diaz Del Castillo, B. The Discovery and Conquest of Mexico, 1517–1521. Londres: Routledge, 1928, p. 300.
- ↑ Osborne, Ken; Kahn, Charles N. (2005). World History: Societies of the Past. Winnipeg: Portage & Main Press. ISBN 978-1-55379-045-7.
- ↑ Abdulqader, G.; Barsanti, L.; Tredici, M. (2000). "Harvest of Arthrospira platensis from Lake Kossorom (Chad) and its household usage among the Kanembu". Journal of Applied Phycology 12 (3/5): 493–498. doi:10.1023/A:1008177925799.
- ↑ 13,0 13,1 Riley, Tess (12 de setembro de 2014). "Spirulina: a luxury health food and a panacea for malnutrition". The Guardian, Londres, UK. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ "Ready for dinner on Mars?". European Space Agency. 13 de xuño de 2005. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ Khan, Z; Bhadouria, P; Bisen, P. S. (outubro de 2005). "Nutritional and therapeutic potential of Spirulina". Current Pharmaceutical Biotechnology 6 (5): 373–379. PMID 16248810. doi:10.2174/138920105774370607.
- ↑ Campanella, L.; Russo, M. V.; Avino, P. (abril de 2002). "Free and total amino acid composition in blue-green algae". Annali di Chimica 92 (4): 343–352. PMID 12073880.
- ↑ Colla, L. M.; Bertolin, T. E.; Costa, J. A. (2003). "Fatty acids profile of Spirulina platensis grown under different temperatures and nitrogen concentrations". Zeitschrift für Naturforschung C 59 (1–2): 55–59. PMID 15018053. doi:10.1515/znc-2004-1-212.
- ↑ Golmakani, Mohammad-Taghi; Rezaei, Karamatollah; Mazidi, Sara; Razavi, Seyyed Hadi (marzo de 2012). "γ-Linolenic acid production by Arthrospira platensis using different carbon sources". European Journal of Lipid Science and Technology 114 (3): 306–314. doi:10.1002/ejlt.201100264.
- ↑ Jubie, S.; Ramesh, P. N.; Dhanabal, P.; Kalirajan, R.; Muruganantham, N.; Antony, A. S. (agosto de 2012). "Synthesis, antidepressant and antimicrobial activities of some novel stearic acid analogues". European Journal of Medicinal Chemistry 54: 931–935. PMID 22770606. doi:10.1016/j.ejmech.2012.06.025.
- ↑ Tokusoglu, O.; Unal, M. K. (2003). "Biomass Nutrient Profiles of Three Microalgae: Spirulina platensis, Chlorella vulgaris, and Isochrisis galbana". Journal of Food Science 68 (4): 2003. doi:10.1111/j.1365-2621.2003.tb09615.x.
- ↑ Kent, Megan; Welladsen, Heather M.; Mangott, Arnold; Li, Yan (2015). "Nutritional Evaluation of Australian Microalgae as Potential Human Health Supplements". PLOS ONE 10 (2): e0118985. Bibcode:2015PLoSO..1018985K. PMC 4344213. PMID 25723496. doi:10.1371/journal.pone.0118985.
- ↑ Vazhappilly R, Chen F (1998). "Eicosapentaenoic acid and docosahexaenoic acid production potential of microalgae and their heterotrophic growth" (PDF). Journal of the American Oil Chemists' Society 75 (3): 393–397. doi:10.1007/s11746-998-0057-0.
- ↑ Watanabe, Fumio; Katsura, Hiromi; Takenaka, Shigeo; Fujita, Tomoyuki; Abe, Katsuo; Tamura, Yoshiyuki; Nakatsuka, Toshiyuki; Nakano, Yoshihisa (novembro de 1999). "Pseudovitamin B12 Is the Predominant Cobamide of an Algal Health Food, Spirulina Tablets". Journal of Agricultural and Food Chemistry 47 (11): 4736–4741. PMID 10552882. doi:10.1021/jf990541b.
- ↑ 24,0 24,1 Craig, W. J.; Mangels, A. R. (2009). "Position of the American Dietetic Association: Vegetarian diets". Journal of the American Dietetic Association 109 (7): 1266–1282. PMID 19562864. doi:10.1016/j.jada.2009.05.027.
- ↑ Watanabe, F.; Katsura, H.; Takenaka, S.; et al. (1999). "Pseudovitamin B(12) is the predominant cobamide of an algal health food, spirulina tablets.". Journal of Agricultural and Food Chemistry 47 (11): 4736–4741. PMID 10552882. doi:10.1021/jf990541b.
Os resultados presentados aquí suxiren fortemente que o alimento saudable de tabletas de algas de espirulina non é adecuado para o seu uso como fonte de vitamina B12, especialmente en vexetarianos.
- ↑ Ross, Ernest; Dominy, Warren (1990). "The nutritional value of dehydrated, blue-green algae (spirulina plantensis) for poultry". Poultry Science 69 (5): 794–800. PMID 2114613. doi:10.3382/ps.0690794.
- ↑ Ross, E.; Puapong, D. P.; Cepeda, F. P.; Patterson, P. H. (1994). "Comparison of freeze-dried and extruded Spirulina platensis as yolk pigmenting agents". Poultry Science 73 (8): 1282–1289. PMID 7971672. doi:10.3382/ps.0731282.
- ↑ Toyomizu, M.; Sato, K.; Taroda, H.; Kato, T.; Akiba, Y. (2001). "Effects of dietary Spirulina on meat colour in muscle of broiler chickens". British Poultry Science 42 (2): 197–202. PMID 11421328. doi:10.1080/00071660120048447.
- ↑ Nedeva, R.; Jordanova, G.; Kistanova, E.; Shumkov, K.; Georgiev, B.; Abadgieva, D.; Kacheva, D.; Shimkus, A.; Shimkine, A. (2014). "Effect of the addition of Spirulina platensis on the productivity and some blood parameters on growing pigs" (PDF). Bulgarian Journal of Agricultural Science. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- ↑ Peiretti, P. G.; Meineri, G. (2008-10-01). "Effects of diets with increasing levels of Spirulina platensis on the performance and apparent digestibility in growing rabbits". Livestock Science (en inglés) 118 (1): 173–177. ISSN 1871-1413. doi:10.1016/j.livsci.2008.04.017.
- ↑ 31,0 31,1 Stanley, Jon G.; Jones, Jack B. (1976). "Feeding algae to fish". Aquaculture 7 (3): 219–223. doi:10.1016/0044-8486(76)90140-X.
- ↑ Santiago, Corazon B.; Pantastico, Julia B.; Baldia, Susana F.; Reyes, Ofelia S. (abril de 1989). "Milkfish (Chanos chanos) fingerling production in freshwater ponds with the use of natural and artificial feeds". Aquaculture 77 (4): 307–318. doi:10.1016/0044-8486(89)90215-9.
- ↑ Shigeru, Okada; Wen-Liang Liao; Tetsu Mori; et al. (1991). "Pigmentation of Cultured Striped Jack Reared on Diets Supplemented with the Blue-Green Alga Spirulina maxima". Nippon Suisan Gakkaishi 57 (7): 1403–1406. doi:10.2331/suisan.57.1403.
- ↑ Ayyappan, S. (1992). "Potential of Spirulina as a feed supplement for carp fry". En Seshadri, C. V.; Jeeji Bai, N. Spirulina Ecology, Taxonomy, Technology, and Applications. National Symposium, Murugappa Chettiar Research Centre. pp. 171–172.
- ↑ Ramakrishnan, C. Muthu; Haniffa, M. A.; Manohar, M.; et al. (2008). "Effects of probiotics and spirulina on survival and growth of juvenile common carp (Cyprinus carpio)" (PDF). The Israeli Journal of Aquaculture – Bamidgeh 60 (2): 128–133. hdl:10524/19247.
- ↑ Mustafa, Md. G.; Umino, T.; Nakagawa, H. (1994). "The effect of Spirulina feeding on muscle protein deposition in red sea bream, Pagrus major". Journal of Applied Ichthyology 10 (2–3): 141–145. doi:10.1111/j.1439-0426.1994.tb00153.x.
- ↑ Olvera-Novoa, M. A.; Dominguez-Cen, L. J.; Olivera-Castillo, L.; Martínez-Palacios, Carlos A. (1998). "Effect of the use of the microalga Spirulina maxima as fish meal replacement in diets for tilapia, Oreochromis mossambicus (Peters), fry". Aquaculture Research 29 (10): 709–715. doi:10.1046/j.1365-2109.1998.29100709.x.
- ↑ Ali, Md. Shawkat (2014). "Evaluation of the effects of feed attractants (Spirulina and ekangi) on growth performance, feed utilization and body composition of fingerlings of stinging catfish Heteropneustes fossilis". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022.
- ↑ Güroy, B; Şahin, İ.; Mantoğlu, S; Kayalı, S. (2012). "Spirulina as a natural carotenoid source on growth, pigmentation and reproductive performance of yellow tail cichlid Pseudotropheus acei". Aquaculture International 20 (5): 869–878. doi:10.1007/s10499-012-9512-x.
- ↑ Geffroy, Benjamin; Simon, Olivier (2013). "Effects of a Spirulina platensis-based diet on zebrafish female reproductive performance and larval survival rate" (PDF). Cybium 37 (1–2): 31–38.
- ↑ Cuzon, Gérard; Santos, Rossana Dos; Hew, Meng; Poullaouec, Gilles (1981). "Use of Spirulina in Shrimp (Penaeus japonicus) diet". Journal of the World Mariculture Society 12 (2): 282–291. doi:10.1111/j.1749-7345.1981.tb00302.x.
- ↑ Tayag, Carina Miranda; Lin, Yong-Chin; Li, Chang-Che; Liou, Chyng-Hwa; Chen, Jiann-Chu (2010). "Administration of the hot-water extract of Spirulina platensis enhanced the immune response of white shrimp Litopenaeus vannamei and its resistance against Vibrio alginolyticus". Fish & Shellfish Immunology 28 (5): 764–773. PMID 20139007. doi:10.1016/j.fsi.2010.01.023.
- ↑ Britz, Peter J. (1996). "The suitability of selected protein sources for inclusion in formulated diets for the South African abalone, Haliotis midae". Aquaculture 140 (1): 63–73. doi:10.1016/0044-8486(95)01197-8.
- ↑ Buono, S.; Langellotti, A. L.; Martello, A.; Rinna, F.; Fogliano, V. (agosto de 2014). "Functional ingredients from microalgae". Food & Function 5 (8): 1669–1685. PMID 24957182. doi:10.1039/c4fo00125g.
- ↑ McHenry, M. S.; Dixit, A.; Vreeman, R. C. (2015). "A Systematic Review of Nutritional Supplementation in HIV-Infected Children in Resource-Limited Settings". Journal of the International Association of Providers of AIDS Care 14 (4): 313–23. PMID 24943654. doi:10.1177/2325957414539044.
- ↑ Grobler, L.; Siegfried, N.; Visser, M. E.; Mahlungulu, S. S.; Volmink, J. (2013). "Nutritional interventions for reducing morbidity and mortality in people with HIV". Cochrane Database of Systematic Reviews (2): CD004536. PMID 23450554. doi:10.1002/14651858.CD004536.pub3.
- ↑ Characterization of Spirulina biomass for CELSS diet potential. Normal, Al.: Alabama A&M University, 1988.
- ↑ Cornet J.F., Dubertret G. "The cyanobacterium Spirulina in the photosynthetic compartment of the MELISSA artificial ecosystem." Workshop on artificial ecological systems, DARA-CNES, Marseille, France, 24-26 de otubro de 1990
- ↑ 49,0 49,1 "Spirulina". Drugs and Lactation Database (LactMed), NCBI Bookshelf. 1 de abril de 2019. PMID 30000909. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 50,3 Gilroy, D.; Kauffman, K.; Hall, D.; et al. (2000). "Assessing potential health risks from microcystin toxins in blue-green algae dietary supplements". Environmental Health Perspectives 108 (5): 435–439. JSTOR 3454384. PMC 1638057. PMID 10811570. doi:10.2307/3454384.
- ↑ Belay, Amha (2008). Spirulina (Arthrospira): Production and Quality Assurance. Spirulina in Human Nutrition and Health, CRC Press. pp. 1–25. ISBN 9781420052572.
- ↑ Canada, Health (2016-02-12). "Cyanobacterial Toxins in Drinking Water". aem. Consultado o 2020-02-16.
- ↑ "China's drug agency rejects state media claims of cover-up in lead found in health supplement". Washington Post. 10 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 23 de abril de 2012.
- ↑ Robb-Nicholson, C. (2006). "By the way, doctor". Harvard Women's Health Watch 8.
- ↑ Heussner AH, Mazija L, Fastner J, Dietrich DR (2012). "Toxin content and cytotoxicity of algal dietary supplements". Toxicol Appl Pharmacol 265 (2): 263–71. PMID 23064102. doi:10.1016/j.taap.2012.10.005.
- ↑ Bax, Christina E; Chakka, Srita; Concha, Josef Symon S; Zeidi, Majid; Werth, Victoria P (15 de xuño de 2020). "The effects of immunostimulatory herbal supplements on autoimmune skin diseases". Journal of the American Academy of Dermatology 84 (4): 1051–1058. PMC 7736300. PMID 32553683. doi:10.1016/j.jaad.2020.06.037. Consultado o 28 de outubro de 2021.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espirulina |