Saltar ao contido

Sporran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sporran moderno.

O sporran ("bolso" en gaélico escocés) é un complemento da vestimenta nacional escocesa, similar á faldriqueira galega.

Características

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha bulsa que pendura á altura da pube, facendo así de peto. O sporran lévase por riba do kilt, e vai amarrado a este xeralmente por unhas cadeas ou unhas cintas de coiro que se atan na parte posterior do propio kilt.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.