Spyridon Madalenas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1824 |
Morte | 1 de agosto de 1884 (59 anos) |
Roman Catholic Archbishop of Corfu (en) | |
9 de decembro de 1860 – ← Carlo Rivelli (en) – Evangelista Boni → Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Corfu (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1850–) |
Consagración | Karl-August von Reisach (pt) |
Spyridon Madalenas (en grego: Σπυριδων Μαδαλένας), nado en Corfú o 3 de novembro de 1824 e finado na mesma illa o 1 de agosto de 1884, foi un bispo católico latino grego, arcebispo de Corfú dende 1860 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Corfú o 3 de novembro de 1824.[1] Logo de rematar os estudos básicos na súa vila natal, en 1844 trasladouse a Roma para estudar Retórica, Filosofía e Teoloxía no Pontificio Collegio Urbano "De Propaganda Fide".[2] Despois de doutorarse en teoloxía, foi ordenado sacerdote o 30 de marzo de 1850 polo cardeal Costantino Patrizi Naro.[2]
Ao seu regreso a Corfú, en 1851, foi nomeado teólogo da arquidiocese, e entre 1853 e 1856 foi tamén chanceler do arcebispado.[2] A partir de 1855 exerceu tamén de capelán para o Exército Británico,[3] e en 1858 foi tamén nomeado cura da catedral.[2]
Co pasamento do arcebispo Carlo Rivelli en 1858 foi elixido vigairo capitular,[2] e posteriormente preconizado como arcebispo da sé vacante o 23/25 de setembro de 1860.[1][2] Recibiu a consagración episcopal o 9 de decembro en Roma, de mans do cardeal Karl August von Reisach;[2] foi nomeado tamén administrador apostólico da diocese de Zante e Cefalonia, ao ser o seu bispo, Luigi Lastaria, de avanzada idade.[2]
Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[4]
Finou no cargo en Corfú, o 1 de agosto de 1884, e foi sucedido por Evangelista Boni, até entón bispo de Zante e Cefalonia.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sede arcivescovili e vescovili residenziale". Annuario pontificio 1869 (en italiano). Roma: Tipografia della R.C.A. 1869. p. 148.
Corfù, Corcyren. Arciv. - Isole Jonie. - Spiridione Maddalena, n. in Corfù 3 nov. 1824, preconizzato 23 set. 1860.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Fisquet, Honoré (1871). "Biographies, portraits et autographes des Pères du Concile". En Frond, Victor. Actes et histoire du Concile Œcuménique de Rome, premier du Vatican 1869 (en francés). París: Lemercier & Cie Imprimeurs. p. 231. Consultado o 19/11/2020.
- ↑ Neste período histórico, Corfú formaba parte do protectorado británico dos Estados Unidos das Illas Xónicas.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 29.
Maddalena Spiridione, Arcivescovo di Corfù, Amminist. Apostolico di Zante e Cefalonia.
- ↑ Œuvre pontificale missionnaire de la Propagation de la foi (1885). "Nouvelles del la Propagande". Les Missions catholiques (en francés) (Lión) XVII (813): 52.
La siège archiépiscopal de Corfou étant vacant depuis le 1er août 1884, par la mort de Mgr Spiridion Maddaléne. LL. EE. les cardinaux de la Propagande ont, dans leur réunion du 5 janvier, choisi pour succéder au vénérable et regretté defunt Mgr Evangéliste Boni, des Mineurs Capucins, et ont décidé de prier le Saint-Père de daigner transférer ce prélat du siège de Zante et Cephalonie dont il est évéque, à celui de Corfou. Sa Sainteté da daigné ratifier ce choix et a nommé Mgr Boni, archevêque de Corfou.