Saltar ao contido

Stade Bollaert-Delelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stade Bollaert-Delelis

Tipoestadio de fútbol, estadio de rugby e instalación deportiva Editar o valor en Wikidata
Localización
EnderezoAv. Alfred-Maës, F-62300 Lens Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLens, Francia
Mapa
 50°25′58″N 2°48′54″L / 50.4329, 2.81491
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
DepartamentoPas-de-Calais
Comuna francesaLens Editar o valor en Wikidata
Construción
Fundación18 de xuño de 1933 e 1933 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1932
Dimensións
Capacidade41.809
Tipo superficieCéspede
Implicados
Propietario(s)City of Lens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupante(s)Racing Club de Lens Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol e rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
LocalíaRacing Club de Lens
Eventos
Na rede
rclens.fr… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Stade Bollaert-Delelis (ata 2014 Estadio Félix Bollaert) é un estadio da cidade de Lens, no departamento francés do Paso de Calais. Nel xoga os seus partidos o Racing Club de Lens.

Foi inaugurado en 1932 e ten capacidade para 41.809 espectadores. Foi sede das Eurocopas de fútbol de 1984 2016, o Mundial de fútbol 1998 e a Copa do Mundo de rugby 2007.

O estadio leva o nome de dous homes importantes na historia do Racing Club de Lens: Félix Bollaert, director comercial da empresa mineira de Lens ansioso por promover o desenvolvemento dos clubs deportivos na área e que decidiu construír o estadio en 1931, e André Delelis alcalde de Lens e exministro de goberno de Pierre Mauroy que "salvou" ao estadio e ao club da quebra no seu momento, ao final da minería do carbón, principal sostenedor económico do club.