Saltar ao contido

Stade Bollaert-Delelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stade Félix Bollaert»)
Stade Bollaert-Delelis
Datos
Coordenadas50°25′58″N 2°48′54″L / 50.4329, 2.81491
LocalizaciónLens, Francia
Construción
Inauguración1932
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105x70
Capacidade41.809
PropietarioCity of Lens
LocalíaRacing Club de Lens
Webhttps://www.rclens.fr/fr/stade-bollaert-delelis-presentation
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Stade Bollaert-Delelis (ata 2014 Estadio Félix Bollaert) é un estadio da cidade de Lens, no departamento francés do Paso de Calais. Nel xoga os seus partidos o Racing Club de Lens.

Foi inaugurado en 1932 e ten capacidade para 41.809 espectadores. Foi sede das Eurocopas de fútbol de 1984 2016, o Mundial de fútbol 1998 e a Copa do Mundo de rugby 2007.

O estadio leva o nome de dous homes importantes na historia do Racing Club de Lens: Félix Bollaert, director comercial da empresa mineira de Lens ansioso por promover o desenvolvemento dos clubs deportivos na área e que decidiu construír o estadio en 1931, e André Delelis alcalde de Lens e exministro de goberno de Pierre Mauroy que "salvou" ao estadio e ao club da quebra no seu momento, ao final da minería do carbón, principal sostenedor económico do club.