Stepan Chmil
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Norrin strange (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 6 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1914 Sudova Vyshnia, Ucraína |
Morte | 22 de xaneiro de 1978 (63 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Santa Sofia a Via Boccea |
Grupo étnico | Pobo ucraíno |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Universidade Pontificia Salesiana |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1977–), sacerdote católico (1945–) |
Orde relixiosa | Sociedade de San Francisco de Sales |
Consagración | Yosyf Slipyi |
Stepan Chmil (en ucraíno: Степан Чміль), nado o 20 de outubro de 1914 en Sudova Vyshnia (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 22 de xaneiro de 1978 en Roma (Italia), foi un salesiano grecocatólico ucraíno, recoñecido polo seu traballo misioneiro na Arxentina e en Italia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Stepan Chmil naceu en Sudova Vyshnia, unha pequena vila en Ucraína occidental. Os seus pais, Stepan (Степан) e Yuliia Shydlovski (Юлія Шидловські), eran patriotas ucraínos e cristiáns, que inculcaron ao seu fillo o amor por Ucraína e pola Igrexa greco-católica. Logo dos seus primeiros anos estudando na súa vila natal, en 1925 foi enviado ao ximnasio masculino ucraíno de Przemyśl, onde era catequista Petro Holynskyi.
En 1930 a Congregación para as Igrexas Orientais, o cardeal Cicognani, dirixiuse ao papa Pío XI pedíndolle permiso para que os candidatos orientais dos salesianos poderan reter o seu rito e tradicións da Igrexa, o que foi concedido. Ao mesmo tempo, o metropolitano Andrei Sheptytskyi encargou ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Yosafat Kotsylovskyi que informara aos estudantes do ximnasio das súas intencións de enviar a Italia a aqueles alumnos dispostos a ser salesianos. Cando o Superior dos salesianos se adheriu ao plan proxectado de aceptar candidatos desde Ucraína, permitíndolles reter o seu rito e tradicións eclesiásticas, Stepan Chmil e outros nove expresaron a súa intención en se converter en salesianos. En 1932 se trasladaron á vila de Ivrea, no norte de Italia, onde os salesianos tiñan a súa escola de formación de candidatos.
Lodo de se graduar da escola de candidatos salesianos, Chmil foi admitido no novizado de Vila Moglia (Chieri) en 1935; alí emitiu os votos temporais en 1936.
Educación
[editar | editar a fonte]Estudou filosofía entre 1936 e 1939 no Colexio Salesiano de Estudos Filosóficos en Foglizzo (Turín), e entón interrompeu os seus estudos para facer unha estancia educativa entre os novizos de Vila Moglia, após o cal foi admitido na Casa de Estudos Salesiana de Bolengo para estudar Teoloxía (entre 1941 e 1945), durante a II Guerra Mundial. En 1945 foi ordenado sacerdote polo visitador apostólico para a diáspora ucraína en Europa occidental, Ivan Buchko, e posteriormente estudou Pedagoxía no Ateneo Pontificio Salesiano de Turín. Previamente foi tamén guía nas catacumbas de San Calixto de Roma, baixo administración salesiana, onde coincidiu con refuxiados ucraínos incapaces de regresar á súa patria, quen axudou para atopar novo abode. Foi tamén profesor na escola salesiana de Valdocco (Turín) e axudante na casa nai dos salesianos de Valdocco, na que descansaban os misioneiros salesianos cando volvían a Europa a un período de descanso.
Traballo misioneiro
[editar | editar a fonte]En 1948, coa aprobación dos seus superiores, Chmil foi enviado pola Congregación para as Igrexas Orientais para un período de 12 anos de traballo apostólico e misioneiro coa diáspora ucraína na Arxentina. Alí coincidiu en Buenos Aires cun novo Jorge Mario Bergoglio, a quen ensinou a axudarlle a servir a Divina Liturxia.[1] As autoridades políticas locais non estaban dispostas a aceptar un rito relixioso diferente ao latino na Arxentina. Nese contexto, a saúde de Chmil comezou a deteriorarse, comezando a ter problemas no fígado.
Formador en Roma
[editar | editar a fonte]En 1961 Chmil foi nomeado como novo director do seminario menor pontificio ucraíno de Roma, que entón tiña 110 seminaristas de todas as partes do mundo occidental e aproximadamente 10 profesores. Foi baixo a súa dirección que o seminario recibiu o título de "pontificio", principalmente debido á intervención do arcebispo Yosyf Slipyi. A súa posición como director do seminario acabou en 1967, após o cal asumiu unha función máis espiritual como párroco dos estudantes, o que compaxinou con ser tamén profesor, educador e confesor dos seminaristas. Simultaneamente exerceu como profesor universitario e director espiritual e confesor das comunidades relixiosas ucraínas en Roma. Foi profesor de literatura e lingua italiana na Universidade Católica Ucraína en Roma, e como tal supervisou e editou o segundo volume do dicionario ucraíno-italiano.
Foi tamén membro da comisión para as anulacións matrimoniais para os ucraínos en Italia. En 1976 foi nomeado novamente director do seminario.
Últimos anos e pasamento
[editar | editar a fonte]O 8 de decembro de 1977 foi distinguido co título de arquimandrita na basílica de Santa Sofía de Roma, recibindo a mitra, a cruz pectoral e o báculo.
Pouco despois a súa saúde deteriorouse dramaticamente, e tivo que ser hospitalizado. Logo das probas médicas indicouse que precisaba operarse por un cálculo biliar. Parecía que se estaba a recuperar, mais na mañá do 22 de xaneiro de 1978 e despois de celebrar a Divina Liturxia, finou.
Logo do servizo funeral foi enterrado na cripta da basílica de Santa Sofía en Roma.[2]
Ao día seguinte foi revelado que fora consagrado bispo. A ordenación episcopal, en segredo, fora realizada por Yosyf Slipyi no mosteiro estudita preto de Roma o 2 de abril de 1977.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Patriarch Sviatoslav: Newly elected Pope knows Ukrainian Catholic Church, its Liturgy and Spirituality". Religious Information Service of Ukraine (risu.ua) (en inglés). 13 de marzo de 2013. Consultado o 21/01/2025.
[...] the newly elected Pope Francis was mentored by one of our priests, Stepan Chmil who is now buried in the basilica of St. Sophia in Rome. Today’s Pope, during his time as a student of the Salesian school, awoke many hours before his classmates to concelebrate at our Divine Liturgy with Fr. Stepan. He knows our Tradition very well, as well as our Liturgy [...]
- ↑ http://www.catholic.org/international/international_story.php?id=29682. Falta o
|title=
(Axuda)