Saltar ao contido

Palleira rabilonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stercorarius longicaudus»)

A palleira rabilonga,[2][3] tamén chamado papamerda rabudo,[4] (Stercorarius longicaudus) é unha ave mariña da familia Stercorariidae.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do xénero Stercorarius procede do latín e significa "do excremento"; referido á comida regurxitada por outras aves cando as perseguen os papamerdas, que antes se pensabsa que era un excremento. O nome específico longicaudus procede do latín longus, 'longo', e cauda, 'cola'.[5]

Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Papamerda rabudo en voo

Esta especie é inconfundible de adulto, co seu dorso gris, plumas primarias das ás escuras sen zona branca, píleo negro e cola caracteristicamente moi longa. Os adultos a miúdo pairan sobre os seus territorios de reprodución. Os xuvenís son máis difíciles de distinguir, porque se parecen moito ao papamerda palanquín (Stercorarius parasiticus) sobre o mar. Son máis delgados, de ás máis grandes e máis semellantes a carráns que a outra especie, pero mostran a mesma gran variedade de plumaxes. Porén, xeralmente teñen tons máis fríos que a outra especie, ártica, con tons máis grises en vez de marróns.

É a ave menor da súa familia, de 38 a 58 cm de longo, dependendo da estación e a idade. Porén, da súa lonxitude total, 29 cm poden corresponder á cola, que pode incluír unhas longas plumas timoneiras de 15 cm no adulto en verán. A envergadura alar desta especie vai de 102 a 117 cm e a masa do corpo é de 230 a 444 g.[6][7]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Describíronse dúas subespecies:[8]

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ilustración da especie feita por Johann Friedrich Naumann.

Esta especie reprodúcese no alto ártico de Eurasia e Norteamérica, coas maiores poboacións en Rusia, Alasca e o Canadá e poboaciós menores no resto do Ártico. É unha ave migratoria, que inverna no sur do Atlántico e Pacífico. Os exemplares xoves de paso ás veces cazan pequenas presas en campos arados ou campos de golf e normalmente teñen menos medo dos humanos.

Nidifican na tundra seca ou páramos máis altos poñendo dous ovos de cor marrón olivácea con pintas. Nos campos de reprodución poden oírse ganindo ou facendo sons repenicantes. Fóra da estación reprodutora pasan a maior parte do tempo voando sobre o océano aberto e emiten un áspero grito que soa como kriiah. Aliméntase de peixes (principalmente capturados a outras aves por cleptoparasitismo), pequenos paxaros, restos de comida, pequenos mamíferos, froita e prea. Na migración, é máis probable que capturen a súa propia comida e menos probable que a rouben.

  1. "Stercorarius longicaudus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 229, 365. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Dunning, John B. Jr., ed. (1992). CRC Handbook of Avian Body Masses. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5. 
  7. "Long-tailed jaeger videos, photos and facts - Stercorarius longicaudus". ARKive. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2011. 
  8. Gill, F.; Donsker, D., eds. (2016). "IOC World Bird List (v 6.1)". doi:10.14344/IOC.ML.6.1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]