Steven Ho
(2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1973 ![]() Bandung, Indonesia ![]() |
Residencia | Os Ánxeles ![]() |
Educación | Laguna Hills High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, karateka, especialista de cinema, actor de televisión, director de cinema, actor de cinema ![]() |
Deporte | Karate ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Nina Petronzio ![]() |
Sitio web | stevenhomartialarts.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Steven Ho, nado como Bernadetto Widiman Wibowo o 9 de marzo de 1973 en Bandung, é un actor, artista marcial e especialista de cine chinés-americano.
Coñecido por ser un dos primeiros artistas marciais en competicións abertas e un pioneiro das formas de loita non tradicionais (NASKA), Ho axudou a popularizar a patada 540 e o Hawkeye Kick a mediados dos anos 80.
Ho é coñecido tamén polo seu traballo de especialista de acción no cine, interpretando a Donatello en Teenage Mutant Ninja Turtles II: The Secret of the Ooze (1991) e Teenage Mutant Ninja Turtles III (1993), e o seu papel de "Chan" en Mortal Kombat (1995).[1][2]
Ho é instrutor de artes marciais e adestrador de loita no cine de Hollywood. Foi o mestre de numerosos especialistas e actores famosos, como Brad Pitt, Leonardo DiCaprio, James Franco, Pierce Brosnan, Tobey Maguire, Pink, Method Man, Rachel Weisz, Gisele Bündchen, Josh Charles, Peter Krause, Bar Refaeli, Ellen Barkin, Brad Womack, Britney Spears.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IMDB Ninja Turtles 2,3
- ↑ "Steven Ho Official Site" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ IMDB Student list
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 29 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)