Stjepan Mlakić
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1884 Fojnica, Bosnia e Hercegovina (en) |
Morte | 26 de xaneiro de 1951 (66 anos) O Cairo, Exipto |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Orde relixiosa | Missionários Combonianos (pt) |
Stjepan Mlakić, nado en Fojnica (Bosnia, Imperio Otomán) o 1 de novembro de 1884 e finado no Cairo (Reino de Exipto) o 26 de xaneiro de 1951, foi un relixioso católico croata, misioneiro en África entre os shilluk e os nuer do Sudán, e un dos mais senlleiros africanistas croatas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Fojnica, entón baixo dominio otomán, o 1 de novembro de 1884.[1] En 1915 profesou como relixioso dos Fillos do Sagrado Corazón de Xesús (hoxe combonianos). O 21 de outubro de 1938 foi nomeado prefecto de Bahr al-Xabal,[1] cargo no que permaneceu até a súa renuncia o 21 de outubro de 1950. Ademais de croata, falaba alemán, italiano, inglés, árabe e nuer. As súas cartas ao seu irmán, tamén sacerdote, dan testemuña do seu contacto estreito cos nativos africanos. Doou unha gran colección de obxectos culturais ao Museu Etnográfico de Zagreb. Finou no Cairo o 26 de xaneiro de 1951.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Draganović, Krunoslav, ed. (1939). Opći šematizam Katoličke crkve u Jugoslaviji. Izd.Akademije "Regina Apostolorum". p. 471.
Msgr. STJEPAN MLAKIĆ F.S.C, r. 1-XI-1884, Fojnica, m. 24-III-1907, apost. prefekt Bahr-el-Gebela u Sudanu, imenovan 21-X-1938 (Juba, Equat. Provinc, A. E. Sudan, Africa).