Su Garrido Pombo
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1982 (42 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Granada Universidade de Salamanca Universidade de Florencia |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Susana Garrido Pombo, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1982, é unha cantante e compositora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en Traspielas, no concello de Fornelos de Montes.[1]
O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos.
As estancias coa súa avoa Leonora en Traspielas, Fornelos de Montes, marcaron a súa música.[2]
Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusis (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada, (bolsa Seneca) Universidade de Florencia, (bolsa Erasmus).[3]
Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.[4][5]
En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu Patios de luz.
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]- 2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive para cumplirlo International Music Competition co seu tema Linda. E 4º posto polo tema Extraña María.
- 2007: 3º posto no concurso Gz crea
- 2015: xunto con Margarida Mariño, 1ª Premio no concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego
- 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.[6]
- 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Quedo a vivir aquí (2018.)[8] Temas: "Ímola alboreando, Camiñan descalzas, Pecados, As bandeiras, Strange boat, As gueivotas, El 18 de julio, Quedo a vivir aquí, The long road home, As flores silvestres".
- Patios de luz (2022).[9] Temas: "Nun patio de luz, Rúa do pracer, O outro lado, doce caseiro, Domingo, To let the light shine through, A arranca das patacas, O meu neno, A horta do Berbés".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Su Garrido Pombo: «Na miña aldea, cantar era parte da vida cotiá»". La Voz de Galicia. 2023-05-03. Consultado o 2023-05-03.
- ↑ Garrido Pombo, Su (Marzo de 2020). Aínda que me tremesen as pernas, tiña que ser capaz de cantar eu soa. A Movida. Entrevista con Tamara Novoa. Viguesa do mes. Vigo.
- ↑ "Bio". SuGarridoPombo. Consultado o 2019-01-29.
- ↑ Salgado, Daniel (21 de outubro de 2018). "A canción en tránsito de Su Garrido Pombo". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "“Cantar non é subir a un escenario para lucirse, é parte da vida. Cantas porque tes que cantar”". Praza Pública. 2021-08-20. Consultado o 2021-09-27.
- ↑ "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Deputación da Coruña. Consultado o 25 de outubro de 2018.
- ↑ "Un total de 54 finalistas optan a los V Premios Martín Códax de la Música". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-29.
- ↑ "Quedo a vivir aquí, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04.
- ↑ "Patios de luz, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04.