Subdivisións de Australia
Australia está dividida en seis estados, tres territorios continentais e outros territorios insulares. Os estados son Nova Gales do Sur (NSW), Queensland (QLD), Australia Meridional (SA), Tasmania (TAS), Victoria (VIC) e Australia Occidental (WA). Os tres territorios continentais son o Territorio do Norte (NT), o Territorio da Capital Australiana (ACT) e Jervis Bay (JBT) (que se considera parte do ATC). Na maior parte dos seus asuntos, os territorios funcionan de xeito similar aos estados; con todo o Parlamento da Mancomunidade ten o poder de anular calquera lexislación dos parlamentos dos primeiros. En contraste, a lexislación federal só pode anular lexislacións dos estados relativas a certas áreas segundo establécese na Sección 51 da Constitución Australiana; todos os poderes lexislativos residuais son manexados polos parlamentos dos estados, incluíndo hospitais, educación, policía, poder xudicial, estradas, transporte público e goberno local.
Cada estado e territorio ten a súa propia lexislatura (unicameral no caso do Territorio do Norte, o Territorio da Capital Australiana e Queensland, e bicameral nos restantes estados). A cámara baixa é coñecida como Asemblea Lexislativa (Cámara da Asemblea en Australia Meridional e Tasmania) e a cámara alta é chamada Consello Lexislativo. O xefe de Goberno de cada estado e territorio é denominado premier ou chief minister respectivamente. A Raíña é representada nos estados por un gobernador, no Territorio do Norte por un administrador, e no Territorio da Capital Australiana polo Gobernador Xeral.
Australia ten tamén varios territorios menores. O Goberno federal administra unha área separada dentro de Nova Gales do Sur, o Jervis Bay, como base naval e porto marítimo para a capital nacional. Australia posúe ademais os seguintes territorios externos habitados: Illa Norfolk, Illa de Nadal e Illas Cocos (Keeling); e os territorios externos deshabitados de Illas Ashmore e Cartier, Illas do Mar do Coral, Illas Heard e McDonald e Territorio Antártico Australiano; en canto a dúas supostas illas, a Dougherty e a Emerald, estas fai anos que se consideran unha ficción e, polo tanto, se categorizan como illas pantasma.
O código ISO que comeza por AU- é o ISO 3166-2:AU; algúns territorios teñen o seu propio código ISO 3166-1.
Subdivisións da Australia
[editar | editar a fonte]Estados
[editar | editar a fonte]Número | Bandeira | Escudo | Estado | Capital | Área | Poboación (2012) |
---|---|---|---|---|---|---|
2 | Nova Gales do Sur (NSW) | Sydney | 809.444 km² | 7.272.800 | ||
3 | Victoria (VIC) | Melbourne | 237.629 km² | 5.603.100 | ||
4 | Queensland (QLD) | Brisbane | 1.852.642 km² | 4.537.700 | ||
5 | Australia Meridional (SA) | Adelaida | 1.043.514 km² | 1.650.600 | ||
6 | Australia Occidental (WA) | Perth | 2.645.615 km² | 2.410.600 | ||
7 | Tasmania (TAS) | Hobart | 68.401 km² | 502.600 |
Territorios internos
[editar | editar a fonte]Número | Bandeira | Escudo | Territorio | Capital | Área | Poboación (2012) |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Territorio da Capital Australiana (ACT) | Canberra | 2.358 km² | 373.100 | ||
1 | Territorio da Baía Jervis | Sussex Inlet | 67 km² | 611 | ||
8 | Territorio do Norte (NT) | Darwin | 1.420.970 km² | 233.300 |
Territorios externos
[editar | editar a fonte]Bandeira | Territorio | Capital | Área | Poboación |
---|---|---|---|---|
Illa Norfolk (NF) | Kingston | 34,6 km² | 2.128 (2008) | |
Illa Christmas (CRX) | Flying Fish Cove | 135 km² | 1.493 (2006) | |
Illas Cocos (Keeling) (CC) | West Island | 14 km² | 628 (2005) | |
Illas Ashmore e Cartier | - | 199.45 km² | (2007) | |
Illas do Mar do Coral | - | 5 km² | - | |
Illa Heard e Illas McDonald | - | 372 km² | - | |
Illas de Lord Howe (CRX) | - | 56 km² | 350 (2006) | |
Territorio Antártico Australiano(**) | - | 5.896.500 km² | - |
(**)O Territorio Antártico Australiano non está efectivamente administrado por Australia é unha reclamación suspendida de acordo ao artigo 4 do Tratado Antártico, O Tratado conxela as aspiracións territoriais dos signatarios, impide a negación ou afirmación de dereitos de soberanía dos asinantes, e prohibe a realización de novas reclamacións
Antigos estados
[editar | editar a fonte]- Australia Central (CA) (Alice Springs)