Sud Aviation Caravelle
Sud Aviation Caravelle | |
---|---|
Tipo | avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita |
Fabricante | Sud Aviation |
Primeiro voo | 27 de maio de 1955 |
Introducido | 26 de abril de 1959 |
Produción | 1958-1972 |
Unidades construídas | 282 |
O Sud Aviation Caravelle é un reactor francés de pasaxeiros de alcance curto/medio. Ten a distinción de ser o primeiros avión de pasaxeiros a reacción desenvolvido para o mercado do curto e medio alcance.
O desenvolvemento do Caravelle polo fabricante francés SNCASE, unha compañía que tiña gañas de producir un avión de pasaxeiros que utilizase a nova tecnoloxía da propulsión a reacción, comezou a principios dos anos 50. Co obxectivo de conseguilo, SNCASE asociouse con compañías británicas como de Havilland (que proporcionou deseño e compoñentes que desenvolvera para o seu propio reactor de pasaxeiros, o de Havilland Comet) e Rolls-Royce Limited (o provedor do motor do Caravelle, o Rolls-Royce Avon). A meirande parte do desenvolvemento do avión, incluído o seu voo de estrea o 27 de maio de 1955, foi realizado por SNCASE. Na época na que o Caravelle entrou en servizo o 26 de abril de 1959 a firma fusionárase no conglomerado Sud Aviation.
Aos poucos anos de entrar en servizo o Caravelle converteuse nun dos reactores de pasaxeiros de primeira xeración máis exitoso de Europa. O avión logrou importantes vendas para operadores en toda Europa e ata logrou penetrar no mercado dos Estados Unidos, pedindo United Airlines 20 unidades.[1] O Caravelle estableceu o motor montado a popa e a configuración de á limpa que aínda é usado no presente en avións de pasaxeiros pequenos.[1]
Variantes
[editar | editar a fonte]Variante | Lonxitude | Motores | Pasaxeiros |
---|---|---|---|
Caravelle I | 32,01 m | RA-29 Mk.522 | 80 |
Caravelle IA | 32,01 m | RA-29 Mk.522A | 80 |
Caravelle III | 32,01 m | RA-29 Mk.527 and 527B | 80 |
Caravelle VI-N | 32,01 m | RA-29 Mk.531 and 531B | 80 |
Caravelle VI-R | 32,01 m | RA-29 Mk.533R | 80 |
Caravelle 10R | 32,01 m | P&W JT8D-7 | 80 |
Caravelle 11R | 32,71 m | P&W JT8D-7 | 89-99 |
Caravelle 10B | 33,01 m | P&W JT8D-7 | 105 |
Caravelle 12 | 36,24 m | P&W JT8D-9 | 140 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 López Ortega, Antonio (1999). Reactores comerciales: Dibujos del autor. Agualarga. ISBN 978-84-95088-87-1.