Sue Moreno
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | acróbata |
Deporte | Acrobacia |
Sue Moreno, nada na Coruña en 1977, é unha acróbata galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfa de nai, criárona os avós[1]. Estudou teatro e danza inicialmente na Coruña, e logo proseguiu os seus estudos de danza en Madrid, onde empezou a ter contacto co mundo do circo e da acrobacia. Porén, nunca chegou a facer circo clásico[1].
Como artista, deseña e interpreta os seus propios espectáculos de acrobacias aéreas desde o ano 2000[2].
Ademais, é a propietaria e directora dunha escola de acrobacias e baile aéreo na Coruña, fundada en 2013[3].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Casanova, Jorge (2022-09-06). "Sue Moreno, trapecista: «Desde arriba lo ficho todo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-09-06.
- ↑ "A acróbata Súe Moreno actuará en Ribadeo a noite do 24 polo Día de Galicia". Terrachá Xa. 2019-07-23. Consultado o 2022-09-06.
- ↑ Otero, Marta (2018-07-02). "En esta escuela se aprende a volar". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-09-06.