Sufixo -aría
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O sufixo -aría recibiu a consideración formal de preferencia fronte a -ería na reforma das normas do galego levada a cabo pola RAG e o ILG en 2003.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Procede da mesma forma latina -aria(m), polo que se considera que as palabras de orixe latina que o conteñen son cultismos. O seu uso ten un rendemento relativo baixo en galego, debido á competencia que sofre pola similitude semántica con -ería, que é patrimonial e de moito máis rendemento. A continuación resúmese unha análise das palabras do VOLG que permitan claramente a análise morfolóxica deste sufixo.
Corpus
[editar | editar a fonte]As palabras consideradas no VOLG que rematan pola secuencia -aría son as 148 seguintes:
|
|
|
|
|
Datos analizables e anomalías
[editar | editar a fonte]Destas formas dadas pódense analizar con relativa facilidade determinados elementos. Ante todo, pódese analizar por separado a base e o derivado. Tanto bases coma derivados vanse analizar en concreto dende os seguintes tres parámetros:
- semántico;
- morfolóxico (obviamente co presuposto de que son prototipicamente derivados de base latina + -aría);
- sintáctico, é dicir a súa categoría gramatical;
Porén, destes 148 derivados, hai certos casos que non se van contemplar inicialmente (de momento, pois futuras análises investigarán sobre cadansúas clasificacións), pois presentan problemas:
- de falla de interpretación semántica transparente por parte dun falante común. Isto débese a que o VOLG é simplemente un repertorio léxico e non dá especificacións semánticas dos termos listados. Estes casos son:
|
- de delimitación morfolóxica polo mesmo motivo: un falante nativo que non poida concretar o significado dunha palabra tampouco poderá aclarar o proceso de formación en función da base, por non coñecer nin sequera o significado do derivado. Ós casos anteriores hai que engadirlles, por falla de coñecemento da base en relación ó léxico do galego común da actualidade:
- artillaría
- boubaría
- buxaría
- carpintaría
- cetraría
- drudaría
- lampistaría
- marquetaría
- marroquinaría
- putaría
- raxaría
- repostaría
- talabartaría
- vigairía
Partindo destes datos, a análise das bases resulta moito máis simplificada:
- semántico: como se verá, hai certos grupos compactos (comida, obxecto, condición, actividade ou persoa con esa actividade) que entran dentro do esperable;
- morfolóxico: as secuencias finais das palabras asumidas como bases están tamén dentro do normal no galego común, pois tódalas palabras base rematan en vogal (a, e e o) ou en consoante habitual para final absoluto ou mesmo relativo (n, r, z e l);
- sintáctico: a totalidade das bases proceden da categoría nominal e/ou do seu modificador (podendo ser posiblemente das dúas cando se pode tomar a base como substantivo ou como adxectivo, caso un tanto borroso pero posible nos nomes dalgunhas profesións: lavandeira, panadeira);