Saltar ao contido

Sunshine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sunshine
Ficha técnica
Título orixinalSunshine
DirectorDanny Boyle
ProdutorAndrew Macdonald
GuiónAlex Garland
IntérpretesCillian Murphy
Chris Evans
Rose Byrne
Michelle Yeoh
Cliff Curtis
Troy Garity
Hiroyuki Sanada
Benedict Wong
Chipo Chung
Mark Strong
MúsicaJohn Murphy
Underworld
FotografíaAlwin H. Kuchler
MontaxeChris Gill
EstudioMoving Picture Company
DNA Films
UK Film Council
Ingenious Film Partners
DistribuidoraFox Searchlight Pictures
Estrea2007
Duración107 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroFicción científica
Orzamento$40 000 000
Recadación$32 000 000[1]
Na rede
http://www.foxsearchlight.com/sunshine/
IMDB: tt0448134 Filmaffinity: 181908 Allocine: 61262 Rottentomatoes: m/sunshine Mojo: sunshine06 Allmovie: v328646 TCM: 636529 Metacritic: movie/sunshine TV.com: movies/sunshine-2007 Netlix: 70051674 Editar o valor en Wikidata

Sunshine é un filme británico de ciencia ficción dirixido por Danny Boyle que se estreou no 2007.

Nun prazo de cinco anos, o Sol apagarase, e con el extinguirase a raza humana. A última esperanza dos homes é o Icarus II, unha nave espacial tripulada por seis homes e dúas mulleres, cuxa misión consiste en levar unha xigantesca carga explosiva que insuflaría nova vida á estrela e permitiríalle volver brillar, salvándose así a poboación da Terra. O problema é que a nave Icarus I xa tentara levar a cabo a mesma misión sete anos antes e fracasou por razóns descoñecidas.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Cillian Murphy como Robert Capa, o físico que manexa o dispositivo da bomba estelar.
  • Chris Evans como Mace, o enxeñeiro.
  • Rose Byrne como Cassie, a piloto da nave espacial.
  • Michelle Yeoh como Corazon, a bióloga que coida do xardín de osíxeno da nave.
  • Cliff Curtis como Searle, o doutor e psicólogo da nave.
  • Troy Garity como Harvey, o oficial de comunicacións e segundo ó mando.
  • Hiroyuki Sanada como Kaneda, o capitán da nave.
  • Benedict Wong como Trey, o explorador.
  • Chipo Chung como a voz de Icarus, o ordenador de abordo do Icarus II posúe unha interface de comunicación cunha linguaxe natural, podendo contestar a preguntas, recibir ordes e actualizacións de estado e avisos verbalmente, como se estivesen falando cun ser humano.
  • Mark Strong como Pinbacker. O capitán tolo do Icarus I, a primeira nave que foi enviada a reiniciar o Sol.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]