Supercopa de Alemaña 2021
O Signal Iduna Park en Dortmund, sede do encontro. | |||||||
| |||||||
Data | 17 de agosto de 2021 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Estadio | Signal Iduna Park, Dortmund | ||||||
Asistencia | 24.742 espectadores[1] | ||||||
Árbitro | Sascha Stegemann[2] | ||||||
Xogador do partido | Robert Lewandowski[3] | ||||||
Tempo | Chuvioso 14 °C (57 °F) 93% de humidade | ||||||
A DFL Supercup 2021 foi a 12ª edición da Supercopa de Alemaña, un partido de fútbol anual organizado pola Deutsche Fußball Liga e disputado polos gañadores da Bundesliga e mais a Copa de Alemaña da tempada pasada. O encontro deste ano contou co Borussia Dortmund, vencedores da Copa de Alemaña 2020-2021, e co Bayern de Múnic, gañadores da Bundesliga 2020–2021.[4] O Dortmund organizou o partido que se xogou no Signal Iduna Park o 17 de agosto de 2021.[5][6]
O Bayern de Múnic era o defensor do título, tras gañar a edición de 2020 por 3–2 fronte o Borussia Dortmund[7][5], e conseguiu revalidalo vencendo por 1–3 no tempo regulamentario ao mesmo rival na final de 2021, logrando a 9ª Supercopa de Alemaña para o club bávaro.[3]
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Na seguinte táboa, os partidos ata 1996 estaban na era da DFB-Supercup, e a partir de 2010 na era DFL-Supercup.
Club | Clasificación | Participacións previas |
---|---|---|
Borussia Dortmund | Campións da Copa de Alemaña 2020-2021 | 11 (1989, 1995, 1996, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017, 2019, 2020) |
FC Bayern München | Campións da Bundesliga 2020–21 | 14 (1987, 1989, 1990, 1994, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020) |
- En letra negra - campións da edición
Partido
[editar | editar a fonte]Resumo
[editar | editar a fonte]No minuto 41, Serge Gnabry centrou un balón desde a esquerda para Robert Lewandowski que puxo ao Bayern de Múnic por diante no marcador cunha cabezada dende seis metros dirixida cara a esquerda da portería. Thomas Müller logrou o 2–0 no minuto 49 cunha finalización preto da rede despois de que Alphonso Davies mandase un balón centrado dende a esquerda e dun toque de Lewandowski que non conseguiu atallar o gardameta e que caeu finalmente nas botas do goleador. Marco Reus anotou o 2–1 no minuto 64 cun tiro coa perna dereita dende fóra da área de penalti mandado cara a esquina superior dereita da rede.[8] Lewandowski marcou o seu segundo tanto no minuto 74 cunha finalización por abaixo á esquina dereita da portería dentro da área de penalti despois de que o balón lle caese franco ós pés por mor dun erro do defensa do Dortmund Manuel Akanji.[9]
Detalles
[editar | editar a fonte]Borussia Dortmund | 1 - 3 | Bayern de Múnic | 17 de agosto de 2021, 20:30 (CEST) – Signal Iduna Park, Dortmund Asistencia: 24.742 espectadores[1] Árbitro: Sascha Stegemann |
Reus 64' | Informe |
Lewandowski 41' 74' Müller 49' | |
Borussia Dortmund
|
Bayern de Múnic
|
Xogador do partido:
Árbitros asistentes:[10]
|
|
Campión Bayern de Múnic 9.º título |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Spielinfo | Borussia Dortmund – Bayern München 1:3 | Finale | Supercup 2021" [Información do partido | Borussia Dortmund v Bayern Munich 1–3 | Final | Supercopa 2021]. kicker (en alemán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Stegemann pfeift Supercup Dortmund gegen FC Bayern" [Stegemann arbitra a Supercopa do Dortmund vs FC Bayern]. DFB.de (en alemán) (Asociación de Fútbol de Alemaña). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "3:1 – Der FC Bayern München gewinnt den Supercup gegen Borussia Dortmund" [3–1: O FC Bayern München gaña a Supercopa contra o Borussia Dortmund]. Deutsche Fußball Liga (en alemán). 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Bayern Munich win Bundesliga as Dortmund beat Leipzig". BBC Sport. 8 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Borussia Dortmund to host Bayern Munich in the 2021 Supercup". bundesliga.com - the official Bundesliga website (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Supercup 2021 am 17. August in Dortmund" [Supercopa o 17 de agosto en Dortmund]. Deutsche Fußball Liga (en alemán). 26 de maio de 2021. Consultado o 26 de maio de 2021.
- ↑ "Bayern Munich 3-2 Borussia Dortmund: Kimmich delivers Supercup for Flick's men". Goal.com. 1 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Borussia Dortmund 1-3 Bayern Munich: Robert Lewandowski double earns German Super Cup". Sky Sports. 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ "Bayern Munich beat Borussia Dortmund to retain German Super Cup title". BBC Sport. 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 "Deutscher Supercup, 2021, Finale" [Supercopa Alemá, 2021, Final]. DFB.de (en alemán). Asociación de Fútbol de Alemaña. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Spielordnung (SpOL)" [Regras do partido] (PDF). DFL.de (en alemán). Deutsche Fußball Liga. 16 de maio de 2020. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2020.
- ↑ "Tickets für Gästefans ab dem dritten Spieltag – Weiter fünf Auswechslungen pro Mannschaft möglich" [Entradas para os afeccionados convidados a partir da terceira xornada: aínda son posibles cinco substitucións por equipo]. DFL.de (Deutsche Fußball Liga). 14 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fútbol |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 23 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en alemán)
Predecesor: Supercopa de Alemaña 2020 |
Supercopa de Alemaña XII edición |
Sucesor: Supercopa de Alemaña 2022 |