Superman (filme de 1978)
Superman | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Superman |
Director | Richard Donner |
Produtor | Richard Lester Charles F. Greenlaw Alexander Salkind Ilya Salkind Pierre Spengler |
Guión | Mario Puzo David Newman Leslie Newman Robert Benton |
Baseado en | Superman de Jerry Siegel e Joe Shuster |
Intérpretes | Marlon Brando Gene Hackman Christopher Reeve Ned Beatty Jackie Cooper Glenn Ford Margot Kidder Valerie Perrine Marc McClure Jeff East Trevor Howard |
Música | John Williams |
Fotografía | Geoffrey Unsworth |
Montaxe | John Glen |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures (USA) Columbia-EMI-Warner (RU) |
Estrea | 10 de decembro de 1978 12 de outubro de 2008 (TVG) |
Duración | 143 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Acción Ciencia ficción |
Orzamento | $55.000.000 |
Recadación | $300.218.018 |
Filme seguinte | Superman II |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/superman-movie/ | |
Superman é un filme sobre o personaxe de cómic Superman, o primeiro da serie fílmica de Superman. Foi candidata a tres Óscar e tivo un premio especial da Academia polos seus efectos especiais. Estreouse en galego na TVG o 12 de outubro de 2008.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O planeta Krypton está abocado á súa destrución debido á inestabilidade do uranio que compón o núcleo do planeta, inestabilidade que acaba provocando a explosión do planeta. Jor-El (Marlon Brando), científico e alto cargo do Consello, tras intentar en van convencer o máximo órgano de goberno de Krypton de que se debe proceder á inmediata evacuación do planeta, decide salvar o seu único fillo, o pequeno Kal-el, enviándoo ao planeta Terra. Trala partida, o sol vermello arredor do cal orbita Krypton, Rao, convértese en supernova, á vez que Krypton estoupa.
O bebé é recollido por unha parella de granxeiros, os Kent, que o crían como fillo seu baixo o nome de Clark. Clark non é un humano normal, a súa fisioloxía kriptoniana dótao de incríbeis poderes. Xa adulto Clark Kent (Christopher Reeve) comeza a traballar como periodista para o Daily Planet e terá que salvar a súa compañeira Lois Lane (Margot Kidder) cunha identidade falsa pola que todo o mundo o coñecerá, Superman. Mais a inesperada aparición de Superman non lle gustará nada a Lex Luthor (Gene Hackman), o cal non se vai deixar dobregar por el.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marlon Brando como Jor-El
- Gene Hackman como Lex Luthor
- Christopher Reeve como Clark Kent / Superman
- Ned Beatty como Otis
- Jackie Cooper como Perry White
- Glenn Ford como Jonathan Kent
- Trevor Howard como Primeiro Ancián
- Margot Kidder como Lois Lane
- Jack O'Halloran como Non
- Valerie Perrine como Eve Teschmacher
- Maria Schell como Vond-Ah
- Terence Stamp como Xeneral Zod
- Phyllis Thaxter como Martha Kent
- Susannah York como Lara
- Jeff East como Clark Kent de adolescente
- Marc McClure como Jimmy Olsen
- Sarah Douglas como Ursa
- Harry Andrews como Segundo Ancián
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Superman na TVG". Diario Siglo XXI. 11 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2013. Consultado o 4 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 1978
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Richard Donner
- Filmes con banda sonora de John Williams
- Filmes de ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de acción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes rodados en Alberta
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes rodados en Novo México
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes de viaxes no tempo
- Filmes sobre armas e guerras nucleares
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1978 con versión en galego