Sursum corda
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sursum corda (en latín, «arriba os corazóns») é unha expresión do prefacio da misa católica segundo o rito romano, vixente até o Concilio Vaticano II. Na versión actual traduciuse como «Levantemos o corazón» e respóndese: «Témolo posto ante o Señor».
Definición
[editar | editar a fonte]A palabra sursuncorda deriva da expresión «Sursum corda». Refírese a un personaxe anónimo de grande importancia en quen se delega algo que non se quere facer («Que o faga o sursuncorda!»). Tamén pode facer alusión a alguén a quen non se está disposto a obedecer por moita autoridade que teña («Non vou alí aínda que o mande o sursuncorda!»).