Susan Faludi
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1959 (65 anos) Queens, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Yorktown High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, xornalismo e feminismo |
Ocupación | escritora, xornalista, activista polos dereitos das mulleres, feminista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Russ Rymer |
Premios | |
| |
Sitio web | susanfaludi.com… |
Susan C. Faludi, nada en Queens (Nova York) o 18 de abril de 1959, é unha xornalista e autora estadounidense, gañadora do Premio Pulitzer por reportaxe divulgativa en 1991, grazas ó seu informe sobre o grao de influencia de Safeway Stores, Inc. que, segundo o comité do Premio Pulitzer, mostraba os "custos humanos das altas finanzas".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Faludi naceu no seo dunha familia xudía e creceu en Yorktown Heights, Nova York. A súa nai era un ama de casa e xornalista. O seu pai é un fotógrafo que emigrou de Hungría, tras sobrevivir o holocausto. Vive co autor Russ Rymer.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse pola Universidade Harvard en 1981, onde escribiu para The Harvard Crimson e converteuse en xornalista, escribiu para The New York Times, Miami Herald, The Atlanta Journal-Constitution, San Jose Mercury News e The Wall Street Journal, entre outras publicacións.
Nos anos 1980, publicou artigos sobre feminismo e a aparente resistencia ó movemento. Vendo xurdir un patrón, Faludi comezou a escribir Backlash: The Undeclared War Against American Women, publicado a fins de 1991.