Susan La Flesche Picotte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1865 Reserva india Omaha, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de setembro de 1915 (50 anos) Walthill, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Pobo omaha e Pobo ponca |
Educación | Women's Medical College de Pensilvania - doutor en medicina (–1889) Universidade de Pensilvania Instituto Hampton Universidade de Virxinia |
Actividade | |
Ocupación | médica, mestra |
Familia | |
Pai | Joseph LaFlesche |
Irmáns | Susette La Flesche Marguerite La Flesche Francis La Flesche |
Descrito pola fonte | Native American Women: A Biographical Dictionary |
Suzanne LaFlesche Picotte, nada na reserva india Omaha o 17 de xuño de 1865 e finada en Walthill, Nebrasca o 18 de setembro de 1915, foi unha doutora omaha. É coñecida por ser a primeira muller nativo americana en ser físico.[1] Estaba a prol da saúde pública e pola cesión formal e legal de terras ós membros da súa tribo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a máis nova de catro irmáns, a súa nai Waoo-Winchatcha (Mary Gale) era medio francesa e medio omaha e o seu pai Joseph LaFlesche, Iron Eye /Ollo de Ferro, tamén medio omaha, é considerado o último xefe omaha.[2]
Estudou na escola da reserva e despois foi estudar ao Instituto Hampton, en Hampton (Virxinia) e logo no Colexo Médico da Muller de Pensilvania. Licenciouse en marzo de 1889 e regresou á reserva para traballar como médica.
Picotte foi unha activa reformista social así como unha físico. Traballou para reducir o consumo de alcohol na reserva onde traballou. Picotte tamén combateu para erradicar a tuberculose como parte dunha campaña de saúde pública na reserva. Tamén axudou ós omaha a lidar coa burocracia da Oficina de Asuntos Indios.
Casou con Henry Picotte en xuño de 1894 e tiveron dous fillos. Un hospital de Walthill leva o seu nome, na súa honra: Dr LaFlesche Picotte Memorial Hospital.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tong (1999), 87
- ↑ "Changing the Face of Medicine - Susan La Flesche Picotte". cfmedicine.nlm.nih.gov. Consultado o 2024-08-07.
- ↑ "La primera doctora amerindia, Suzanne LaFlesche Picotte (1865-1915)". 2016-10-27. Consultado o 2024-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cogan, Frances B. (1989). All-American Girl: The Ideal of Real Womanhood in Mid-Nineteenth-Century America. Athens, GA: University of Georgia Press. ISBN 082031062X.
- DeJong, David (1993). Promises of the Past: A History of Indian Education in the United States. Golden, CO: North American Press. ISBN 1555919057.