Saltar ao contido

Susan Peters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusan Peters

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata
Spokane, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Visalia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía
broncopneumonía
Pielonefrite
inanición Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Preparatoria de Hollywood Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeRichard Quine (1943–1948) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0676688 Allocine: 135705 Allmovie: p56305 TCM: 151081 TV.com: people/susan-peters
BNE: XX4913422 Find a Grave: 5159 Editar o valor en Wikidata

Suzanne Carnahan, nada en Spokane o 3 e xullo de 1921 e finada en Visalia o 23 de outubro de 1952, foi unha actriz estadounidense coñecida como Susan Peters, que apareceu en máis de vinte filmes ao longo da súa carreira. Aínda que esta comezou en papeis sen acreditar e interpretando mozas inxenuas, a mediados da década de 1940 estableceuse como actriz dramática.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Peters naceu en Spokane, Washington, mais foi criada pola súa nai, viúva despois da morte do pai nun accidente de tráfico,[1] en Portland, Oregón, e máis tarde nos Ánxeles.[2] Ao graduarse na Hollywood High School, estudou interpretación co director de teatro austríaco Max Reinhardt[3] e asinou un contrato coa Warner Bros. Pictures.[3] Apareceu como figurante en numerosos filmes antes de conseguir un papel secundario en O camiño de Santa Fe (1940).[3] O seu último filme para Warner Bros. foi o filme negro de 1942 The Big Shot xunto a Humphrey Bogart e Richard Travis;[4] despois da estrea, Warner optou por non renovar o seu contrato.[5]

En 1942, Peters apareceu nun papel secundario en Tish, o que provocou que asinase un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer.[6] Ese mesmo ano, tivo un papel destacado no drama Random Harvest dirixido por Mervyn LeRoy,[7] o que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria e a consolidou como unha intérprete dramática seria.[8] Peters chegou a aparecer como protagonista en numerosos filmes para MGM, incluíndo papeis na comedia romántica Young Ideas (1943) e varios filmes bélicos: Assignment in Brittany (1943), Song of Russia (1944) e Keep Your Powder Dry (1945).

O día de aninovo de 1945, Peters recibiu unha ferida de bala accidental que danou a súa medula espiñal,[9][10] deixándoa permanentemente parapléxica.[8][11] Volveu ao cinema interpretando unha malvada que empregaba unha cadeira de rodas en The Sign of the Ram (1948).[12] Despois, Peters pasou ao teatro,[8] aparecendo como Laura Wingfield nunha aclamada produción de 1949 de The Glass Menagerie de Tennessee Williams, que foi lixeiramente modificada para permitir que Peters actuase nunha cadeira de rodas.[13] Continuou a traballar cunha produción de The Barretts of Wimpole Street, en que interpretou a poeta con discapacidade física Elizabeth Barrett Browning.[14]

En 1952, con todo, Peters sufriu depresión clínica durante varios anos debido á disolución do seu matrimonio e ás súas limitadas opcións de carreira. A finais de 1952, comezou a deixar de comer,[15] o que combinado coa súa parálise provocou infeccións renales crónicas e pneumonía. Ela morreu pola complicación da súa saúde ese ano aos 31 anos.[16]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas Ref.
1940 Susan and God Party Guest Sen acreditar [17]
1940 River's End Sen acreditar [18]
1940 Sockaroo College Coed Como Suzanne Carnahan [18]
1940 The Man Who Talked Too Much Bit role Sen acreditar [19]
1940 Young America Flies One of Jack's girlfriends Sen acreditar [20]
1940 Money and the Woman Depositor Sen acreditar [18]
1940 O camiño de Santa Fe Charlotte Davis Como Suzanne Carnahan [19]
1941 The Strawberry Blonde Girl Sen acreditar [19]
1941 Here Comes Happiness Miss Brown Sen acreditar [19]
1941 Xoán Ninguén Autograph Hound Sen acreditar [19]
1941 Scattergood Pulls the Strings Ruth Savage [19]
1941 Three Sons o' Guns Mary Tyler [19]
1942 A New Romance of Celluloid: Personalities Herself Curtametraxe propocional de MGM [21]
1942 The Big Shot Ruth Carter [19]
1942 Tish Cora Edwards Bowzer [19]
1942 Dr. Gillespie's New Assistant Mrs. Howard Allwinn Young [19]
1942 Random Harvest Kitty [19]
1942 Andy Hardy's Double Life Sue, Wainwright Coed on Train [19]
1943 Assignment in Brittany Anne Pinot [19]
1943 Young Ideas Susan Evans [19]
1944 Song of Russia Nadya Stepanova [19]
1945 Keep Your Powder Dry Ann "Annie" Darrison [19]
1945 The Outward Room Proxecto inacabado [22]
1948 The Sign of the Ram Leah St. Aubyn [19]
1951 Miss Susan Susan Martin Serie de televisión, retitulada Martinsville, U.S.A. [23]
  1. Parish 2001, p. 225.
  2. Crivello 1988, p. 176.
  3. 3,0 3,1 3,2 Crivello 1988, p. 178.
  4. Crivello 1988, pp. 179–180.
  5. MacPherson, Virginia (6 de decembro de 1944). "Susan Peters Gave Herself 3 Years To Make Good--Did". St. Petersburg Times. Hollywood Roundup (St. Petersburg, Florida). p. 11 – vía Google News. 
  6. Crivello 1988, p. 180.
  7. Troyan 2010, p. 139.
  8. 8,0 8,1 8,2 O’Dell, Cary (8 de febreiro de 2023). "Discovering TV's "Miss Susan"". Now See Hear! The National Audio-Visual Conservation Center Blog. The Library of Congress. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  9. "Susan Peters Is Accidentally Shot". The Evening Independent (Massillon, Ohio). 2 de xaneiro de 1945. p. 1. Consultado o 28 de maio de 2014 – vía Google News. 
  10. Blottner 2015, p. 202.
  11. Ferrero, Lee (25 de outubro de 1952). "Actress Susan Peters, Paralyzed 7 Years, Dies". The Milwaukee Sentinel (Milwaukee, Wisconsin). p. 3 – vía Google News. [Ligazón morta]
  12. "Susan Peters to return in new screen career". The Australian Women's Weekly 15 (8) (Sydney, New South Wales). 2 de agosto de 1947. p. 36. Consultado o 21 de abril de 2017 – vía Trove. 
  13. "Susan Peters Takes Stage In Wheelchair". Toledo Blade (Toledo, Ohio). 27 de xuño de 1949. p. 8. Consultado o 28 de decembro de 2016 – vía Google News. 
  14. Monahan, Kaspar (24 de xaneiro de 1950). "Susan Peters Impressive in "Barretts" Revival". The Pittsburgh Press. Show Shop (Pittsburgh, Pennsylvania). p. 8. Consultado o 30 de xullo de 2017 – vía Google News. 
  15. Garnier, Philippe (6 de agosto de 2008). "Richard Quine: Dying Is Easy". LA Weekly. Consultado o 5 de agosto de 2017. 
  16. Crivello 1988, p. 188.
  17. "Susan and God". TV Guide. NTVB Media. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  18. 18,0 18,1 18,2 Crivello 1988, pp. 176–179.
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 19,13 19,14 19,15 19,16 "Susan Peters Filmography". AFI Catalog of Feature Films. American Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  20. Schallert, Edwin (14 de setembro de 1940). "Academy Starts Drive for Museum Collection". Los Angeles Times. p. 7. 
  21. Shearer 2010, p. 367.
  22. Crivello 1988, p. 184.
  23. Blottner 2015, p. 203.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]