Susana Garabatos
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1979 ![]() Vigo, España ![]() | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | nadadora ![]() | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | |||||||||||||||||||
Deporte | natación ![]() | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 ![]() |
Susana Garabatos Rodríguez, nada en Vigo o 8 de marzo de 1979, é unha ex-nadadora galega. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a9/A_cidade_de_Vigo_%C3%B3s_seus_atletas.jpg/220px-A_cidade_de_Vigo_%C3%B3s_seus_atletas.jpg)
Comezou a nadar no seu colexio, o Rosalía de Castro, ata que se fixou nela o adestrador do Real Club Náutico de Vigo.[2] Como membro deste club, no que nadaron tamén os seus tres irmáns, proclamouse en 1991 subcampioa de España júnior nos 100 metros libres e ao ano seguinte gañou un ouro no Meeting de Luxemburgo, na súa primeira participación internacional coa selección española.[2] En 1993 marchou a Málaga, cunha bolsa para se preparar nun centro de alto rendemento. En 1995 quedou quinta no Campionato de Europa, na proba de remudas 4x100 metros libres.[2]
En 1996, con 17 anos, converteuse na primeira nadadora galega feminina en participar nuns Xogos Olímpicos.[2] Fíxoo na proba de remudas 4x100 estilo libre, xunto a Blanca Cerón, Fátima Madrid e Claudia Franco, e rematou na 14ª posición.[3] Tralos Xogos tivo uns anos de menos rendemento, aínda que volveu competir internacionalmente, e en 2004 deixou a competición.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Brazadas excepcionales" (en castelán). 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ "Resultados Atlanta 1996" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ "Moya: «En Vigo empecé a competir en motor y ahora en natación»". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da nadadora no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).