Susana Ladra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | investigadora, informática teórica |
Empregador | Universidade da Coruña, professor associado (pt) (2012–) |
Susana Ladra González, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha enxeñeira informática, profesora e investigadora na Universidade da Coruña. En 2020 foi galardoada co IV Premio Ada Byron Xove da Universidade de Deusto.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Susana Ladra estudou enxeñería informática na Universidade da Coruña e matemáticas na UNED.[2] É doutora en Informática pola Universidade da Coruña onde ocupa os cargos de Directora do Campus Innova da UDC e é vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.[3] Tamén é coordinadora do programa STEMbach na UDC, que ten como fin de promover a vocación do alumnado cara á investigación científica.[4]
Susana é experta en algoritmos para mellorar as buscas de información en Internet. As súas liñas de investigación desenvólvense na contorna da compresión de datos, a análise de algoritmos e estruturas de datos para bioinformática, bases de datos, minería de datos e recuperación de información. Lidera o proyecto BIRDS financiado pola acción Marie Sklodowska-Curie do programa europeo Horizonte 2020.[5]
Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na enxeñería e pertence o nodo galego da asociación AMIT.[6]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio á mellor tese doutoral no campo da Recuperación da Información.[7]
- Premio Ada Byron do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia en 2013.[7]
- Premio Ada Byron joven da Universidade de Deusto en 2020.[8]
- Forma parte do documental Marxe de erro en 2021.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Susana Ladra recibe el premio “Ada Byron joven” – CITIC" (en castelán). Consultado o 2020-10-25.
- ↑ "MUJERES EN EL ÁMBITO INFORMÁTICO - susana ladra". sites.google.com. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ "Susana Ladra, docente en la UDC, gana el VI Premio Ada Byron joven". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-14. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ Pena, Sonia. "A galega Susana Ladra, recoñecida cun dos premios Ada Byron que concede a Universidade de Deusto". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ "(CRTVG) Responsabilidade Social Corporativa". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ "Galicia". AMIT (en castelán). 2015-10-22. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ 7,0 7,1 "O CPEIG recoñece a Susana Ladra co premio Ada Bryon". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-10-25.
- ↑ "As informáticas da UDC Verónica Bolón e Susana Ladra, premiadas en Euskadi e Catalunya". GCiencia. 2020-10-16. Consultado o 2020-10-25.
- ↑ Redacción. "O documental Marxe de erro dá visibilidade ao rol das mulleres tecnólogas". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2021-10-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]