Susana Mataix
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Pontevedra |
Residencia | Alacant |
País de nacionalidade | española |
Educación | Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Eugenio Triana ![]() |
Fillos | Eugenio Triana ![]() |
![]() ![]() |
Susana Mataix Hidalgo, nada en Pontevedra o 19 de xaneiro de 1950, é unha escritora e matemática española, especializada na divulgación da Ciencia e as Matemáticas, e a súa relación coa literatura e a arte. Viviu o mundo da ciencia desde a súa infancia a través do seu pai o científico Mariano Mataix Lorda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mataix naceu en Pontevedra debido ao destino profesional do seu pai nese momento. Trasladouse a Barcelona para estudar Ciencias Exactas na Universidade de Barcelona no ano 1972, lugar no que se licenciou. Posteriormente trasladouse a vivir a Madrid, onde realizou un mestrado en Administración de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid no ano 1985. Nesta cidade viviu até o ano 2014, momento en que se trasladou a Alacante xunto ao seu marido, o político e tamén científico Eugenio Triana.[1][2]
Leva traballado en empresas do sector enerxético e das telecomunicacións en Francia, os Estados Unidos e España.[3]
Foi directora da Exposición “Procesos: Cultura e Novas Tecnoloxías” que inaugurou a primeira etapa do Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid no ano 1986. Esta exposición internacional albergou obras de artistas traballando con tecnoloxía, dende os pioneiros, a artista Sonia Sheridan, o cineasta pioneiro José Val do Omar, o videoarte, a electrografía, a música electrónica, o debuxo asistido por ordenador etc.[4]
Forma parte do comité técnico da Fundación García Cabrerizo que outorga premios a investigadores españois,[5] e da xunta directiva da asociación sociocultural internacional dedicada á ciencia e a arte denominada ArSciencia. Esta asociación foi fundada no ano 2013 en Santiago de Compostela, España.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Varios dos seus libros forman parte do programa de ensino das matemáticas en diversos centros, polo seu carácter divulgativo, a metade de camiño entre a ficción e a ciencia.[3][7]
Pioneiras da física, a enxeñaría e a innovación. Xornadas: A muller na enxeñaría, 2011: páx. 9-14. ISBN: 978-84-9749-472-4[8][9]
Dúo Matemático é unha obra compartida co seu pai o científico Mariano Mataix Lorda. ISBN 84-267-1005-0[10][11]
Matemática es nombre de mujer publicouse no ano 1999. Este libro afonda nas testemuñas de algunhas mulleres científicas e as dificultades que tiveron que superar para desenvolver as súas carreiras de investigación. Conta no libro unha historia novelada das matemáticas a través das confesións de oito mulleres que destacaron nesta disciplina. Dende Hypatia, unha profesora grega, á matemática alemá Emmy Noether, editorial Rubes ISBN 84-497-001 4-0[12][13]
Lee a Julio Verne: El amor en tiempos de criptografía editorial Rubes ISBN:9788449700156.[14][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caparrós, Luis Corno (2019-05-31). "La Guitarra llora la pérdida de Eugenio Triana" (en castelán). Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Eugenio Triana García - II Legislatura - Congreso de los Diputados". Consultado o 2020-12-14.
- ↑ 3,0 3,1 ""Las dificultades de los alumnos con la ciencia parten de los profesores"" (en castelán). Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Procesos: cultura y nuevas tecnologías | Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía" (en castelán). Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Fundación Garcia Cabrerizo" (PDF).
- ↑ "arSciencia. science & art association".
- ↑ ""La historia de las Matemáticas contada por las protagonistas" , por Susana Mataix" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ Mataix, Susana (2011). "Pioneras de la física, la ingeniería y la innovación". Consultado o 2020-11-30.
- ↑ "Fundación García Cabrerizo" (PDF).
- ↑ Mataix Lorda, Mariano; Mataix Hidalgo, Susana (1995). Dúo matemático. MARCOMBO S.A. ISBN 978-84-267-1005-5. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Duo Matematico". Consultado o 2020-12-14.
- ↑ País, El (1999-11-30). "'Matemática es nombre de mujer'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Matemática es nombre de mujer | Entre páginas" (en castelán). 2016-02-25. Consultado o 2020-12-14.
- ↑ "Institute Beiltvidge" (PDF).
- ↑ "El diario de Cantabria".