Susana Quintás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) |
Susana Teresa Quintás Veloso, nada en 1969, é unha economista e empresaria galega. Tivo unha longa traxectoria en banca como DIrectora Xeral do Banco Pastor e logo como primeira Subdirectora Xeral do Banco Popular e outros cargos no Banco de Santander.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Quintás licenciouse en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e converteuse en auditora do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Posteriormente ingresou na consultoría Deloitte[1] e en 1996 pasou a formar parte do Banco Pastor.
De 1998 a 2002 fíxose cargo da xestión do Instituto de Estudos Económicos de Galicia da Fundación Barrié. Logo entrou a formar parte da dirección do banco como encargada de planificación, control de xestión e relacións con investidores e analistas. En decembro de 2007 foi nomeada subdirectora xeral da entidade, e a finais de setembro de 2011 accedeu á dirección xeral do banco[2], días antes de que se anunciase a OPA do Banco Popular sobre ata daquela entidade galega. Como Subidrectora Xeral de Banco Popular, foi responsable de múltiples proxectos de transformación incluída a dixital de todo o mundo de recuperaciones e inmobiliario e liderou varios proxectos de intelixencia artificial. Como experta en Goberno Corporativo, en 2021, foi Directora do Programa de Goberno corporativo da empresa familiar que se imparte en EF Business School A Coruña.[1][3]
Cando o Banco Popular foi adquirido polo Banco Santander, foi nomeada Directoria de Desenvolvemento de Negocio e levou, en 2017, a carteira máis grande do mundo, chamada Quasar con 30 000 millóns de euros en activos tóxicos.[4][5]
Foi conselleira en varias empresas como a coñecida 4B, Aliseda SGI, Euroautomatich Cash e Universal Pay[4] e se converteu en experta en goberno corporativo e transformación dixital. Dende 2020, traballa como directora de Metricus, unha proptec británica con presenza global.[1]
É unha referente galega na Asociación Executivas de Galicia[4] e colaborou en columnas e artigos de diversos medios como La Voz de Galicia[6] ou El Economista.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla de Juan Ramón Quintás, empresario e banqueiro galego, que foi expresidente da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA).[5] Está casada e ten dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cuba, Ana F. (26 de setembro de 2021). "Susana Quintás: «La empresa familiar parte con ventaja en sostenibilidad»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ CV de Susana Quintás Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., na web do Banco Pastor.
- ↑ Suárez, Alba (13 de xuño de 2021). "Una UCI para la empresa familiar". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Susana Quintás Veloso". executivasdegalicia.org (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 Redacción (12 de setembro de 2018). "Ana Botín coloca a la gallega Susana Quintás al frente del ladrillo del Santander". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ "Artigos de Susana Quintás". .lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.
- ↑ "Artigos de Susana Quintás". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.