Susanna Tamaro
(1995) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1957 (67 anos) Trieste, Italia |
Residencia | Orvieto (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Centro Sperimentale di Cinematografia (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | directora de cinema, escritora, guionista, novelista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | susannatamaro.it |
|
Susanna Tamaro, nada en Trieste o 12 de decembro de 1957, é unha novelista italiana que tamén exerceu de documentalista científica e como asistente de dirección cinematográfica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou cinematografía en Roma e realizou diversos documentais para a RAI. Susanna comezou a súa carreira no ano 1989 coa novela La testa tra le nuvole gañadora do premio Elsa Morante. Máis tarde en 1991 lanza o seu segundo traballo, un libro de relatos titulado Per voce sola, que a deu a coñecer a un público máis internacional ao ser traducido a diversos idiomas e ser premiada polo Pen Club International. En 1992 lanza o seu primeiro libro de contos para nenos Cuore dei ciccia (Corazón de Ciccia), ao que lle seguirán nos anos posteriores Il cerchio magico (1994), Tobías y el ángel (1998) e Papirofobia (2000).
No ano 1994 aparece Va dove ti porti il cuore (Donde el corazón te lleve), coñecida internacionalmente e traducida a máis de 35 idiomas, á parte de ser levada ao cine no ano 1996 baixo a dirección de Cristina Comencini. En España, esta obra vendeu máis dun millón de exemplares, o cal brindoulle un camiño de éxitos internacionais.
Anima mundi (1997), a súa seguinte obra, tamén logrou conquistar os eloxios do público e da crítica internacional. A esta novela hai que engadir outros libros, como a recompilación de artigos Cara Mathilda. Lettere a un'amica (1998) ou o ensaio Verso casa (1999).
No ano 2001 volve cultivar a narrativa de ficción co libro de relatos Respondimi, que obtén gran repercusión, do mesmo xeito que Più fuoco più vento (2002), Fuori (2003) e Ogni parola é un seme, recompilación de varios ensaios da autora, que se publica no ano 2005.
Ascolta la mia voce aparece no ano 2007 e convértese nun fenómeno editorial. Trátase da segunda parte da súa exitosa novela Va' dove ti porta il cuore.
Obra
[editar | editar a fonte]- La testa tra le nuvole: (A cabeza entre as nubes), 1989
- Per voce sola (Para unha voz soa), 1991
- Cuore di ciccia (Corazón de Ciccia), 1992
- Il cerchio magico (O círculo máxico), 1994
- Va' dove ti porta il cuore (Onde o corazón te leve), 1994
- Anima Mundi (Anima Mundi) (1997)
- Cara Mathilda. Lettere a un'amica (Querida Mathilda. Carta a unha amiga), 1997
- Tobia e l'angelo (Tobías e o anxo), 1998
- Verso casa (O misterio e o descoñecido), 1999
- Papirofobia (2000)
- Respondimi (Respóndeme), 2001
- Più fuoco più vento (Máis lume, máis vento), 2002
- Fuori (Fóra), 2003
- Ogni parola é un seme (Cada palabra é unha semente), 2005
- Ascolta la mia voce (Escoita a miña voz), 2007
- Il grande albero, 2009
- Per sempre, 2011
- L' isola che c'è. Il nostro tempo, l'Italia, i nostri figli2011
- Ogni angelo è tremendo,2013
- Via Crucis. Meditazioni e preghiere, 2013(libro electrónico)
- Un'infanzia: adattamento teatrale di Adriano Evangelisti,2013(libro electrónico)
- Sulle orme di San Francesco, 2014(libro electrónico)
- Illmitz, Bompiani, 2014
- Salta Bart!, Giunti Junior, 2014
- Un cuore pensante, Bompiani, 2015
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Susanna Tamaro |