Suso de Marcos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1950 (74 anos) Boimorto, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Jesús López García, máis coñecido como Suso de Marcos, nado en Boimorto o 17 de outubro de 1950, é un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o sexto de oito irmáns, fillos dun carpinteiro. Con 17 anos foi traballar á Coruña, limpando figuras seriadas nun obradoiro de artesanía. Mentres fai o servizo militar matriculouse na Escola de Artes e Oficios, realizando os seus primeiros traballos para os mandos da súa unidade.
En 1973 mudouse a Madrid para continuar coa súa formación na Escola Central de Artes e Oficios. Traballa en diversos obradoiros industriais relacionados coa talla até pasar a formar parte do taller dun «mestre» andaluz. Ao tempo, traballa nun taller de escultura en pedra, e abriu un taller propio.
Nesta época talla un Cristo Resucitado para Santander e unha Virxe da Piedade para Valencia. En 1975 comeza a utilizar o alcume de Suso de Marcos, diminutivo do seu nome e o apelativo polo que se coñece á súa familia. En 1976 queda terceiro no Certame Nacional de Belas Artes. En 1977 expón por primeira vez, na Coruña.
En 1979 vai a Málaga, sendo contratado como mestre de talla, carpintería e ebanistería na Escola Malagueña de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. Tamén abre alí un novo taller. En 1982 gaña por oposición a praza de Profesor titular de Talla Artística, labor que continúa a exercer.
En 1980, ante a ausencia en Málaga de escultores de imaxes, que proveñan os crecentes encargos, promoveu xunto co Museo Diocesano un concurso-exposición. En 1987, co mesmo fin, creou o Premio de Talla Suso de Marcos. En 2001 creou unha bolsa de estudos para o alumnado de Boimorto con inquedanzas culturais.
É autor de máis de cen obras de carácter relixioso, destacando o Crucificado do Perdón da malagueña Cofradía de los Dolores del Puente; o conxunto da igrexa de Santa María Goretti de Málaga; o da parroquia da Asunción, de Málaga; o Crucificado e conxunto da Resurrección en Alhaurín de la Torre; Cristo Amarrado á Columna para Jódar (Xaén); Santo Antón na igrexa de la Carihuela de Torremolinos; conxunto de San Marcelino de Champagnat na sede dos Maristas de València; Virxe da Caridade en Tenerife; ou o grupo da Primeira Caída da confraría dos Marrajos de Cartagena.
É membro numerario da Sección de escultura da Real Academia de Bellas Artes de San Telmo de Málaga, da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia de Santa Isabel de Hungría de Sevilla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- DÍAZ VAQUERO, Mª Dolores: Imagineros andaluces contemporáneos. Cajasur. Córdoba, 1995.
- SÁNCHEZ LÓPEZ, Juan Antonio: La voz de las estatuas. Escultura, arte público y paisajes urbanos de Málaga. Universidad de Málaga, 2005.
- ROCHE, Antonio: El Cristo del Perdón, escapado de las manos del escultor Suso de Marcos. Nazareno de Málaga, núm. 1, p. 22 e 23, 1987