Suspensión Christie
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
A suspensión Christie é un sistema de suspensión desenvolvido polo enxeñeiro estadounidense Walter Christie para os seus deseños de carros de combate. Este permitiu movementos considerablemente máis amplos que os que permitían as suspensións de balesta que se usaban comunmente, facendo que os seus carros de combate tivesen unha maior velocidade todo terreo. O sistema foi introducido por vez primeira no seu modelo M1928, e usado en todos os seus deseños ata a súa morte en 1944.
Historia
[editar | editar a fonte]Christie avogou polo uso de carros de combate lixeiros de longo alcance e alta velocidade, deseñedos para penetrar nas liñas inimigas e atacar a súa infraestrutura e capacidade loxística. Os seus primeiros deseños nos anos 20 víronse obstaculizados polas súas pobres capacidades todo terreo debido aos limitados sistemas de suspensión. A finais da década ideou unha solución mellor. O principal problema ao que se enfrontou foi o limitado espazo vertical no que se movían os resortes: para un movemento de 25 cm podería precisar 50 ou 75 cm de espazo vertical para o resorte e o puntal, e os seus pequenos deseños non ofrecían suficiente espazo.
A solución foi a adición dunha manivela de campá, que cambiaba a dirección do movemento de vertical a horizontal. As rodas foron montadas individualmente nun tubo que podía moverse só verticalmente, e na súa pare máis alta a manivela de campá rotaba a dirección do movemento cara a parte de atrás. Os resortes montábanse ao final da manivela, e podían ser tan longos como se necesitase, situándose ao longo do interior do casco. O resultado foi un incremento substancial da amplitude de movemento, pasando duns 10 cm nos seus deseños orixinais a 25 cm no M1928, 35 cm no M1930, e 60 cm no M1932. O carros de combate máis famosos baseados no sistema de Christie, a serie BT e o T-34 soviéticos, usaban resortes helicoidais montados verticalmente (no BT) oun nun lixeiro ángulo con respecto á vertical (no T-34).
Outra característica dos deseños de Christie foi a condución "convertible": a capacidade de retirar as cadeas para conducir por estradas, permitíndolle maiores velocidades e mellor alcance, e reducindo o desgaste dos fráxiles sistemas de cadeas dos anos 30. Nunha proba pública celebrada en 1931 en Linden, Nova Jersey, oficiais do exército cronometraron a un carro de combate con sistema Christie avanzando a 104 mph, sendo o carro máis rápido do mundo. Para permitir isto, Christie usaba grandes rodas cos bordos de caucho, aínda que en tempos de guerra, debizo á escaseza de tempo, os carros adoitaban a equiparse con rodas de aceiro, o que ocasionaba unha viaxe máis incómoda ás tripulacións. Cara 1939 os soviéticos decatáronse de que na serie BT o sistema de condución convertible era unha complicación innecesaria que ocupaba un espazo moi valioso no vehículo, e esa característica foi eliminada no T-34.
Debido a que as grandes rodas e as cadeas holgadas son características da suspensión Christie, outros deseños con eses trazos son erroneamente identificados como tal. A suspensión Christie real foi só usada nun feixe de modelos, destacando os soviéticos BT e T-34, os Cruiser británicos, incluídos os Cruiser Mk III, Cruiser Mk IV, Covenanter, Crusader, Cromwell e Comet, algúns carros experimentais polacos e italianos e o moderno deseño israelí Merkava.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suspensión Christie |